Interkosmos 1 (Интеркосмос 1 en ruso), tamén denominado DS-U3-IK Nº 1, foi un satélite artificial soviético lanzado o 14 de outubro de 1969 mediante un foguete Kosmos 2I desde a base de Kapustin Yar.
Características Interkosmos 1 foi o primeiro membro da serie de satélites DS-U3-IK e estaba adicado ó estudo da magnetosfera e a atmosfera superior terrestre. Foi deseñado para estudar os raios X e ultravioleta do Sol e os seus efectos na atmosfera.
Interkosmos 1 estaba enmarcado dentro do programa de colaboración internacional Interkosmos entre a Unión Soviética e outros países. Os instrumentos de a bordo, á parte de pola Unión Soviética, foron proporcionados pola República Democrática Alemá e pola República Socialista Checoslovaca. Na recepción e interpretación dos datos participaron científicos da República Popular de Bulgaria, da República Popular de Hungría, da República Popular de Polonia e da República Popular de Romanía.
Foi inxectado nunha órbita inicial de 640 km de apoxeo e 260 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,4 graos e un período de 93,4 minutos. Reentrou na atmosfera o 2 de xaneiro de 1970.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos DS-U3-IK Interkosmos 4 Interkosmos 7 Interkosmos 11 Interkosmos 16
Categoría:Satélites Interkosmos Categoría:DS-U3-IK