A Auroraliiga (anteriormente denominada Jääkiekon naisten SM-sarja entre 1982 ata 2017, e Naisten Liiga dende 2017 ata 2024) é a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia. A competición naceu na tempada 1982-83 e na actualidade intégrana nove equipos.

A meirande parte dos campionatos foron gañados por Espoo Blues (16) Tampere Ilves (10), mentres que os 10 restantes se reparten entre 6 equipos. Os Blues dominaron a competición a principios do novo século, cun récord de títulos acadados entre 1999 e 2005, mentres que Ilves conseguiu a meirande parte dos seus títulos entre 1985 e 1993 con oito títulos en nove anos.

Historia Antecedentes e creación Os primeiros equipos femininos de hóckey sobre xeo de Finlandia comezaron a aparecer a principios da década de 1970, aínda que pasaron varios anos ata que se disputara a primeira competición no país. Esta primeira competición, non oficial, denominouse Lipstick-turnaus (en galego Torneo Lipstick) e disputouse durante varios anos, sendo a súa primeira edición en 1978. 300px|miniatura|esquerda|A Sammon Malja, trofeo entregado ao equipo campión da SM-sarja ata 2010. Non foi ata a tempada tempada 1982-82 cando comezou a organizarse o campionato feminino finlandés oficial, inicialmente denominado Naisten SM-sarja. Na primeira edición do campionato participaron un total de dez equipos divididos en dous grupos: EVU (Vantaa), Haukat (Järvenpää), HIFK (Helsinqui), HJK (Helsinqui), Ilves (Tampere), Jäähonka (Espoo), SaiPa (Lappeenranta), Shakers (Kerava), Tiikerit (Hämeenlinna) e Ässät (Pori). O primeiro equipo en coroarse campión finlandés na primavera de 1983 foi o HJK, logo de impoñerse no torneo final disputado en Tampere.

Dominio de Ilves A medida que o número de equipos de mulleres aumentou, a liga pasou a xogarse nun único grupo na tempada 1985-86, cando se fundou ademais a segunda categoría, a I-divisioona. O Ilves de Tampere dominou a segunda metade da década de 1980, cando gañou un total de catro títulos consecutivos (1985-1988) antes de que o EVU de Vantaa curtara a racha na primavera de 1989.

Logo do título logrado polo EVU en 1989, Ilves volveu gañar o campionato na tempada 1989-90, cando se introduciron os play-offs. O equipo de Tampere revalidou o título nos tres anos seguintes. Os primeiros anos da década de 1990 viron o crecemento do Shakers, que pasou a converterse no máximo rival do Ilves e rompeu a segunda racha de catro campionatos consecutivos do equipo do lince en 1994. Mentres tanto, os tempos de 20 minutos establecéronse en 1992.

Shakers e JYP A segunda metade da década de 1990 estivo marcada principalmente por dous equipos: Shakers e JYP. A pesar de ser un dos equipos fundadores da Naisten SM-Sarja, o papel das Shakers nas tres primeiras tempadas da competición fora moi pobre, xa que contou todos os seus partidos por derrotas. Ao seu regreso á máxima competición na tempada 1986-87 convertéronse nun equipo competitivo e gañou a medalla de bronce ese mesmo ano, e na tempada 1993-94, logo de chegar tres anos consecutivos ás finais fronte o Ilves, conquistaron o campionato. Parte do éxito do equipo de Kerava veu da dianteira Riikka Välilä, quen tamén fora fundamental no éxito do EVU en 1989.

O éxito das Shakers durou dous anos máis nos a rivalidade co Ilves acabou dando paso á loita coas Kärpät de Oulu na tempada 1995-96, cando a final entre os dous equipos pasou á historia como unha das máis reñidas e igualadas da historia do campionato feminino finlandés. Ese mesmo ano foi o primeiro no que o que fora o gran dominador, o Ilves de Tampere, non conseguiu ningunha medalla.

Na tempada 1996-97, a Naisten SM-sarja viu a chegada dun novo equipo campión, o JYP de Jyväskylä, que se impuxo ás Shakers nas finais por un contundente 3-0. O JYP conquistou o seu segundo campionato consecutivo fronte ás Kärpät un ano despois (3-0) malia a terse clasificado na cuarta posición (a última que daba acceso aos play-offs) e enfrontarse ás campioas da liga regular, as mulleres do K-Espoo (2-1).

Os anos 2000: Espoo Blues Logo de que o equipo das Shakers abandonara a competición antes da tempada 1998-99, as súas xogadoras pasaron a xogar no equipo de Espoo, chamado agora Espoo Blues, e no recentemente ascendido Itä-Helsingin Kiekko. Esa mesma tempada as Blues destronaron ao JYP, conseguindo o seu primeiro campionato logo de acadar varios bronces na década, e iniciando un período de sete anos consecutivos nos que o campionato quedou en Espoo.

Na primavera de 2011 a comunidade finlandesa do Canadá doou a Aurora Borealis Malja, o trofeo que dende entón é entregado ao equipo campión en substitución da Sammon Malja.Panel de descrición do obxecto na exposición do Museo finlandés do hóckey sobre xeo no verán de 2022 (consultado o 10 de xullo de 2022). O primeiro equipo que alzou a copa foi o HPK de Hämeenlinna, que derrotou ao Ilves na final.

Na 2015-16 as xogadoras de JYP proclamáronse campioas, un logro que o equipo de Jyväskylä non acadaba dende 1998. As xogadoras do equipo de Finlandia Central impuxéronse a HPK en tres partidos, disputando o último deles no seu estadio ante 1 600 persoas. Con todo, na tempada seguinte JYP renunciou á súa praza, que foi ofrecida a Lukko, que finalmente participou na seguinte edición.

Nova denominación: a Naisten Liiga miniatura|250px|Logo da Naisten Liiga entre 2017 e 2020. Na tempada 2017-18 a SM-sarja mudou a súa denominación a Naisten Liiga. Na tempada seguinte uníronse á liga Vaasan Sport e TPS, producíndose un aumento do número de equipos participantes de oito a dez.

A causa da pandemia por coronavirus, na tempada 2019-20 por primeira vez a liga non decidiu ningún equipo campión, cancelándose a tempada logo das semifinais, non disputándose a final entre Kiekko-Espoo e KalPa.

O 9 de setembro de 2022 a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo fixo público a través do seu sitio web que Aija Saha pasaría a presidir a Naisten Liiga a partir do 1 de outubro dese mesmo ano substituíndo a Eeva Perttula, e que Jukka Valtanen sería o vicepresidente.

Cara a unha liga profesional miniatura|250px|Interior do Gatorade Center de Turku durante a primeira fin de semana de competición. O 15 de agosto anunciouse un novo cambio de denominación da liga, que pasou a chamarse Auroraliiga. O obxectivo deste cambio foi o de desenvolver a liga co obxectivo de profesionalizala e facer do hóckey sobre xeo finlandés un deporte máis igualitario. En palabras da directora da Auroraliiga, Henni Laaksonen, o cambio de nome supuxo ademais un "importante acto simbólico", sinalando que "xa é hora de xogar ao hóckey sobre xeo sen prefixos", en alusión á eliminación da especificación "naisten" (traducible como "feminina" ou literalmente "de mulleres"). Ademais, anunciouse o acordo para a retransmisión da liga en televisión pola canle MTV Katsomo.

A nova etapa do campionato finlandés iniciarase o 6 de setembro de 2024 co partido inaugural entre o TPS e o K-Espoo no Gatorade Center de Turku, un pavillón con capacidade para 10 500 persoas e que será o escenario de oito dos nove partidos da primeira fin de semana de competición.

Equipos 2025-26 Dende a tempada 2023-24 a Auroraliiga está formada por nove equipos de 9 cidades distintas. Por rexións, 8 das 19 rexións de Finlandia estaban presentes na tempada 2022-23: Finlandia Propia, Laponia, Ostrobotnia do Norte, Ostrobotnia do Sur, Savonia do Norte, Pirkanmaa, Tavastia Propia e Uusimaa. Dos nove equipos que participan na tempada 2024-25 tan só o Ilves disputou todas as edicións do campionato finlandés feminino.

Agás o Team Kuortane, un equipo feminino fundado en 2010 pola Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo e cuxas xogadoras viven e estudan no Kuortaneen urheilulukio, todos os equipos da liga comparten os seus nomes con equipos profesionais masculinos da Liiga (HIFK, HPK, Ilves, KalPa, K-Espoo, Kärpät e TPS) ou a Mestis (RoKi)

NomeCidadeEstadioCapacidadeFundaciónTítulosStadin GimmatHIFK Naiset12px HelsinquiPirkkolan jäähalli1 10019822HPK12px HämeenlinnaMetritiski Areena70019291Ilves12px TampereTesoman jäähalli1 500193110KalPa12px KuopioKuopion jäähalli5 22419290Kiekko-Espoo12px EspooTapiolan harjoitusareena750198916Kärpät12px OuluOulun jäähalli6 61419903RoKi12px RovaniemiLappi-areena3 50020120Team Kuortane12px KuortaneKuortaneen jäähalli35020100TPS12px TurkuRajupaja-areena2 87519900

Estrutura da tempada O 28 de abril de 2022 a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo anunción que a 40ª edición da Naisten Liiga mudaría o modelo respecto da tempada precedente, e que esta estrutura se mantería na tempada 2023-24. Deste xeito a competición dividiuse nunha liga regular e os play-offs polo título ou liguiña pola permanencia:

Na liga regular os dez equipos xogan unha cuádrupla volta entre eles, de xeito que cada equipo disputa un total de 36 partidos. Ao finalizar a liga regular os oito mellores clasificados xogan os play-offs pola Aurora Borealis Malja, mentres que os dous equipos restantes deben xogar pola permanencia fronte aos dous mellores equipos da Naisten Mestis. Os play-offs polo título dispútanse en eliminatorias ao mellor de cinco encontros, coa excepción da medalla de bronce, que se decide a partido único. Pola súa banda, os dous peores equipos da liga regular xogan fronte aos dous mellores equipos da Naisten Mestis unha liguiña a dobre volta, na que os dous mellores clasificados disputarán a seguinte edición da máxima categoría.

Palmarés

miniatura|Partido das finais da tempada 2018-19 entre o Ilves e as Espoo Blues, os dous equipos máis laureados da competición. Dende a primeira edición da liga na tempada 1982-83, oito equipos gañaron a Naisten Liiga. Dende 2011 o equipo campión recibe a Aurora Borealis Malja, mentres que o segundo e terceiro clasificados reciben medallas de prata e bronce. A seguinte táboa amosa os equipos campións do campionato finlandés feminino de hóckey sobre xeo: