O termo Toxo é a denominación xenérica en galego das especies do xénero Ulex, entre as que destacan:
Toxo arnal, U. europaeus; Toxo femia, U. gallii; Toxo gateño, U. minor; Toxo brañego, U. micranthos (endemismo galego).
Como topónimo, pode referirse a:
En Galiza Montoxo, parroquia do concello de Cedeira; Montoxo Vello, lugar de devandita parroquia; Ventoxo, parroquia do concello de Forcarei; Ventoxo, lugar de devandita parroquia; Toxo, lugar da parroquia de Rairiz de Veiga, no concello de Rairiz de Veiga; O Toxo, lugar da parroquia de Régoa, no concello de Cedeira; O Toxo, lugar da parroquia de Xiá, no concello de Friol; O Toxo, lugar da parroquia de Goiás, no concello de Lalín; O Toxo, lugar da parroquia de Pías, no concello de Ponteareas; O Toxo Brañío, lugar da parroquia dos Vilares, no concello de Guitiriz; Toxoso, lugar da parroquia de Ambosores, no concello de Ourol; Pontoxo, lugar da parroquia das Encrobas, no concello de Cerceda; Saltoxo, lugar da parroquia de Oleiros, no concello de Oleiros.
Amais, como apelido pode referirse a:
Ignacio Fernández Toxo, sindicalista galego (n. 1952); Xaime Domínguez Toxo, mestre e escritor galego (n. 1955);
Tras castelanizarse como Tojo, tamén é o apelido de:
Ramón Tojo Pérez, escritor e político galego (1860 - 1944); Enrique Tojo, político galego (1933 - 2013); Luís Baltar Tojo, cirurxián galego (1931 - 1999); Rafael Baltar Tojo, arquitecto galego (1933 - 2004); Fernando Baltar Tojo, traumatólogo galego (n. 1937); Alberto Baltar Tojo, arquitecto galego (1939 - 1993); Ramón Tojo Lens, empresario e político galego (n. 1965).
Véxase tamén Outros artigos
Río de Toxos, lugar da parroquia de San Martín de Arroxo, no concello da Fonsagrada; Real Coro Toxos e Froles, agrupación musical de carácter tradicional galego, fundada en Ferrol en 1914; Los Tojos, concello de Cantabria.