Adamuz é un concello andaluz situado na provincia de Córdoba entre Serra Morena e o Guadalquivir.Situación y coordenadas, Instituto de Estadística de Andalucía. (Consultado o 11 de decembro de 2012). O municipio atópase na comarca do Alto GuadalquivirMancomunidad del Alto Guadalquivir . (Consultado o 11 de decembro de 2012). e pertence ao partido xudicial de Montoro. Atópase a unha altitude de 240 msnmAdamuz, Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía, Junta de Andalucía. (Consultado o 11 de decembro de 2012). e a uns 32 km da capital de provincia, Córdoba. A súa superficie é de 333,8 km². No ano 2024, tiña 4 088 habitantes e unha densidade de poboación de 12,2 hab./km².
Demografía Evolución demográfica19961998199920002001200220032004200520062007201020112015202020254.4664.4404.4534.4654.4514.4554.4234.3974.4434.4764.4694.4144.4674.3174.1374.100 Historia
As primeiras pegadas humanas dentro do termo de Adamuz proveñen de finais do V milenio a. C. e aparecen en diferentes covas con xacementos arqueolóxicos, como os da cova de Cañaveralejo, xunto con restos humanos e cerámicos. Durante o período da Hispania romana, Adamuz pertencía ao termo de Sacilis Marcillus, na leira de Alcorrusen, pertencente ao concello de Pedro Abad, como se pode deducir das inscricións romanas aparecidas.
Hai poucos datos de época visigoda ou musulmá, aínda que o nome actual provén desta época na que aparece como Adamuz ou Alamuz.
Na Idade Media, debeu ser lugar de pousada e descanso do camiño de Córdoba a Toledo, denominado Camiño Real da Prata. Desde 1260, Adamuz pertencía á xurisdición de Córdoba, cuxo Concello nomeaba os alcaldes e funcionarios. En máis dunha ocasión, algúns dos títulos e "ricos" de Castela intentaron usurpar o Señorío de Adamuz; proba diso é a Comisión conferida en 1469 polo rei Henrique IV de Castela ao Mestre de Santiago e ao bispo de Sigüenza para garantir que o conde de Cabra, Martín Alonso de Sotomayor e Fernán Pérez, o seu irmán, por unha banda e a cidade de Córdoba pola outra, celebrasen un concordato para que devolvesen a esta cidade varias fortalezas que lle foran usurpadas, sendo unha delas a de Adamuz, que segundo os acordos ía ser demolida. Tamén hai constancia da visita a esta vila polos Reis Católicos.
Noventa e sete anos despois, en 1566, o rei Filipe II vendeulla a Luís Méndez de Haro e Sotomayor, Comendador maior de Alcañiz, indemnizando á cidade de Córdoba cun xuro perpetuo de 16.000 marabedís. Desde aquela época, esta vila pertenceu á casa e estado dos marqueses de Carpio, non por dereito destes, senón porque Haro e Sotomayor tiña por esposa a Beatriz de Haro, que era a propietaria do Marquesado.
Como señor desta vila, Luis Méndez de Haro e Sotomayor, cuxo pai favorecera moito ao avó de Cervantes, que era cordobés e estivera en Adamuz extraendo aceite e trigo para as galeras, cunha alta vara de xustiza como comisario, nos anos 1591-1593.
Da época contemporánea de Adamuz hai pouca documentción pois durante o período 1936-1939 o seu arquivo histórico, que databa do século XIII, foi case completamente destruído, así como o seu patrimonio artístico e cultural.
Convento de san Francisco del Monte A sete quilómetros da vila, está o Convento de San Francisco del Monte e do que só quedan as súas ruínas. Fundado por Martín Fernández de Andújar, a súa fundación foi confirmada desde Aviñón (Francia), polo papa Clemente VII a petición dos reis Henrique e Catalina, con data do 6 de maio de 1394. Nos séculos XV e XVI, tivo lugar a reforma e ampliación levada a cabo por Luís Mendéz de Sotomayor, patrón do convento, sendo depositados nel os restos da súa esposa. No ano 1583 era gardián e mestre de novizos no convento de San Francisco Solano. Durante 1624, con motivo da súa participación nunha caza, o rei Filipe IV visitou o convento.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ayuntamiento de Adamuz Adamuz, Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía. Mancomunidad del Alto Guadalquivir
Categoría:Concellos da provincia de Córdoba