Centulle e un lugar na parroquia de San Xurxo de Asma, no concello de Chantada, na comarca de Chantada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2011 tiña 106 habitantes (55 homes e 51 mulleres), trece menos ca en 1999.

Toponimia O topónimo Centulle ten orixe no antropónimo de orixe latina ou a partir da forma en xenitivo.

Patrimonio

O castro de Centulle atópase en mal estado de conservación. Pénsase que tiña unha configuración do modelo espiral, con dous corpos posuíndo tramos de tres. No recinto atopáronse restos de vaixela e de muíños de man. Diversas hipóteses defenden que aquí estaba a fortaleza dos Circa, arrasada polos normandos e máis tarde pertencente á casa de Altamira.

miniatura|dereita|Interior do santuario de Fátima.

No recinto construíuse a mediados do século XX o santuario da Nosa Señora de Fátima. Promovido polo párroco Emilio Eyré Lamas, foi o primeiro santuario dedicado en España a Virxe de Fátima. O templo foi concibido a modo de fortaleza, coroado con cruces gaélicas, dun modo semellante ao dos castelos irlandeses. O santuario recolle unha mestura de elementos arquitectónicos mozárabes, románicos e gaélicos. A talla de Nosa Señora de Fátima foi elaborada por Capa na escola de Belas Artes de Madrid, sendo consagrada na Academia de San Fernando o 12 de xuño de 1945.El Progreso, 14-7-1945, p. 4.

Lugares e parroquias Lugares de San Xurxo de Asma

Parroquias de Chantada

Notas

Categoría:Lugares de Chantada Categoría:Localidades do Camiño de Inverno