Fiona Apple McAfee Maggart, nada o 13 de setembro de 1977, é unha vocalista, compositora e pianista estadounidense. Apple conseguiu aclamación internacional en 1996 co seu álbum de estrea, Tidal, que foi todo un éxito comercial e de crítica. Gañou un premio Grammy á mellor interpretación vocal de rock feminina polo sinxelo "Criminal" en 1998. Despois de Tidal, Apple publicou os aclamados, aínda que con menos éxito comercial When the Pawn... (1999), Extraordinary Machine (2005) e The Idler Wheel... (2012). O estilo musical de Apple contén elementos do jazz e do rock alternativo.

Discografía Álbums Álbum Ano Selo Tidal 1996 Clean Slate, Work Group, Columbia Records When the Pawn... 1999 Clean Slate, Epic Records Extraordinary Machine 2005 Clean Slate, Epic Records The Idler Wheel... 2012 Clean Slate, Epic Records Fetch the Bolt Cutters 2020 Epic Records

Categoría:Cantantes de Nova York Categoría:Nados en Manhattan Categoría:Nados en 1977