Fernando González Suárez, nado en Ourense o 19 de novembro de 1928, é un químico e político galego. Traxectoria Licenciado en Ciencias Químicas. Foi catedrático de Física e Química en Institutos de Bacharelato de Mérida, Ponferrada, Astorga e no IES Otero Pedrayo de Ourense. Foi concelleiro de Ourense e tenente de alcalde. Foi elixido parlamentario pola provincia de Ourense nas eleccións autonómicas de 1985 pola Coalición Popular. Volveu ser elixido parlamentario autonómico nas autonómicas de 1989 e 1993. Foi Delegado provincial da Consellería de Educación en Ourense.

Membro do Grupo "Francisco de Moure" da Arte Ourensán, ten publicado traballos de investigación sobre temas de arte galega e de heráldica e foi autor do escudo municipal de 14 concellos da provincia de Ourense.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en galegos.info

Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia por AP Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1928 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deputados da II Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia