Juventud foi un semanario editado en Chantada entre 1931 e 1932.
Historia e características Subtitulado Órgano de la Juventud Republicana de Chantada, apareceu o 27 de setembro de 1931. Xurdiu como oposición a La Voz del Agro, do que foi inimigo declarado, e sostiña posicións republicanas críticas ligadas á dereita. Estaba dirixido por Pablo Noguerol Sierra. Entre os seus colaboradores figuraban Ángel Gómez Montero, Marcial García Cereijo e Valentín Rodríguez Cabo. Cesou a súa publicación en 1932.
Véxase tamén Bibliografía "Periódico que apareceu, en 1928, no concello lucense de Chantada".
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo Ligazóns externas
Categoría:Prensa escrita de Chantada Categoría:1931 en Galicia Categoría:Prensa republicana