Indian Mini-Satellite 1, tamén coñecido como IMS-1 foi un satélite artificial da axencia espacial india ISRO lanzado o 28 de abril de 2008 mediante un foguete PSLV-CA desde Sriharikota.

Características Indian Mini-Satellite 1 é un satélite indio adicado á observación terrestre. Ten unha masa de 83 kg e os seus paneis solares xeran unha potencia de ata 220 vatios. Leva a bordo unha cámara multiespectral no rango visible que ten unha resolución de 37 metros e unha cámara no infravermello próximo cunha resolución de 506 metros.

Notas

Categoría:Satélites artificiais