Luís Monteagudo García, nado na Coruña o 20 de novembro de 1919 e finado en Santiago de Compostela o 14 de febreiro de 2018, foi un arqueólogo director do Museo Arqueolóxico da Coruña, membro do Deutsches Archäologisches Institut de Berlín, colaborador de Prähistorische Bronzefunde e correspondente da Real Academia da Historia e da Real Academia Galega.
Traxectoria Fixo o bacharelato no Instituto da Coruña. En 1935, con 15 anos, ía coa asociación Los Amantes del Campo promovida por Manuel Insua Santos, precedente das actuais asociacións interesadas na arqueoloxía e dedicada a realizar traballos de arqueoloxía, escavando sitios arqueolóxicos e documentando os traballos. En agosto de 1937 comezou a traballar como carteiro auxiliar e despois brigada postal no Servizo de Correos. Foi alistado en 1938 e marchou á fronte. Foi ferido dúas veces na Guerra Civil, unha cun anaco de metralla na cabeza e outra cun tiro da 11 División de Líster. Como mutilado de guerra volveu incorporarse ao Servizo de Correos de abril de 1939 a decembro de 1940.
Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela en 1941, e doutorouse na Universidade de Madrid en 1949 coa tese Prehistoria del NW de España. Galicia en Ptolomeo. Foi profesor na Universidade de Santiago de Compostela desde onde promoveu a primeira campaña de escavacións no Castro de Elviña en 1947, das que foi apartado por motivos políticos. Percorreu Galiza documentando achados e dirixindo escavacións. Percorreu en bicicleta Europa visitando museos e coleccións. Foi director do Museo de Ávila e posteriormente foi nomeado director do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña, onde formou a moitos arqueólogos que continuaron o seu labor. En 1975 foi apartado do posto pola súa defensa a morte do Museo e o Patrimonio Arqueolóxico e enviado en comisión de servizos forzosa ao Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela onde se xubilou. En calquera caso el sempre se considerou "Director do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña por oposición, non por dixitación" segundo asinou algúns dos seus escritos. Finou en Santiago de Compostela o 14 de febreiro de 2018."Morre o arqueólogo Luís Monteagudo", artigo en Cultura Galega, 14 de febreiro de 2018.,
Obras Die Beile der Iberischen Halbinsel, Machados de bronce da Península Ibérica. Hachas de talón, 1951. Nombres de túmulos y dólmenes en Galicia y Portugal, 1954. Hispania Germánica, 1966. Hacha de tope tipo Senra A, 1975. La religiosidad callaica. Estela funeraria romana de Mazarelas (Oza dos Ríos, A Coruña), cultos astrales, prisciliano y outeiros. Anuario Brigantino, nº 19, 1996, pp 11-118.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Fundación Luis Monteagudo Ligazóns externas Biografía na Fundación Luis Monteagudo. Luis Monteagudo García no Museo Arqueológico Nacional.
Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Arqueólogos de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 2018 Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela