Manuel Jorge Parada Mejuto, nado en Vigo o 12 de maio de 1948, é un escritor e político galego.
Traxectoria Capitán da mariña mercante. Afiliado ao PSdeG-PSOE, foi concelleiro en Vigo, gobernador civil de Pontevedra (1987-1994) e voceiro do Grupo Socialista na Deputación de Pontevedra. Colaborou en varios medios de comunicación, principalmente sobre temas marítimos e políticos, e escribiu varios libros sobre historia marítima. Recibiu o Premio de Ecoloxía Galicia, o Paul Harris Fellow de Rotary International, a Gran Cruz do Mérito Naval e a Gran Cruz do Mérito Policial.
Obras Realidad y ficción en la piratería, 1993. El corso español en el siglo XVII, 1993. O pirata da Moureira, 1994. El último pirata, 1996. Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Políticos do PSdeG-PSOE Categoría:Concelleiros de Vigo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Gobernadores civís de Pontevedra Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1948 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes