José Cedrón del Valle, finado en El Espinar en setembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria Fillo de Jesús Cedrón Torrón. Foi fundador e xefe provincial de Falange Española en Lugo. Colaborou en La Voz de la Verdad e foi director do xornal Alborada. Foi secretario do Bloque Nacional de Lugo. Despois do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 organizou a primeira vaga da represión en Lugo. Uniuse ás tropas que tentaban conquistar Madrid, e resultou morto en setembro de 1936 na serra de Guadarrama.

Recoñecementos Unha rúa de Lugo levou o seu nome ata que se mudou en 2016.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Falanxistas Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Políticos de Renovación Española