El Látigo foi un semanario editado en Pontevedra entre 1886 e 1889.
Historia e características Subtitulado Periódico Jocoserio Independiente, apareceu o 9 de maio de 1886 como continuación de La Voz Escolar, pero con obxectivos diferentes. Posteriormente cambiou o subtítulo por Periódico Independiente. Saía inicialmente os domingos.El Eco de Galicia, 13-6-1886, p. 6. A redacción estaba formada por Eduardo Pardo Gómez, Ramiro Vieira e Máximo Tomé. Foi denunciado en decembro de 1886.Gaceta de Galicia, 18-12-1886, p. 2.
Segunda etapa Tivo unha segunda etapa a partir de abril de 1889El Regional, 11-4-1889, p. 3. dirixido por Ricardo Miser, con Francisco Prieto Losada e Galo Páramo como redactores. Foi un xornal de tendencia republicana e progresista e partidario da soberanía popular, que propoñía un cambio político con métodos exclusivamente pacíficos. O periódico denunciaba todo o que consideraba arbitrario e defendía a liberdade de prensa, presentando un panorama dramático da España do momento (desprestixio, ruína económica, pobreza cultural, problemas sociais...). Manifestaba a súa decepción co goberno de Práxedes Mateo Sagasta. Nesta segunda etapa serviu de voceiro dos republicanos pontevedreses. Cesou a súa publicación co número 17, en setembro de 1889.Álbum Literario, 15-9-1889, p. 8.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita de Pontevedra Categoría:1886 en Galicia