A tempada 1952-1953 da Liga Nacional de rugby foi a edición inaugural da máxima categoría do rugby en España, creada pola Federación Española de Rugby. Até 1952 a principal competición nacional de rugby era o Campionato de España (actual Copa do Rei), pero en setembro de 1952Novas sobre a creación da Liga Nacional de Rugby na hemeroteca de El Mundo Deportivo (8 de setembro) a FER considerou oportuno crear un novo campionato cun formato de liga no que se enfrontasen os equipos participantes todos contra todos. A iniciativa non estivo carente de polémicaNovas sobre a creación da Liga Nacional de Rugby na hemeroteca de El Mundo Deportivo (8 de novembro) posto que as federacións rexionais e os clubs non foron consultados, e o sistema de admisión de participantes era excluínte. A FER considerou que na súa edición inaugural a liga estaría composta por 4 equipos, que serían o campión e o subcampión dos pasados campionatos de Cataluña e Castela, é dicir, dous equipos cataláns e dous equipos madrileños. Os equipos do resto do país non tiveron, pois, ningunha posibilidade de participar na liga.
A liga contou con 4 equipos que disputaron 6 xornadas, enfrontándose entre si tódolos equipos a dúas voltas. O campionato celebrouse no outono de 1952, antes dos diversos campionatos rexionais. O primeiro encontro da historia da liga española de rugby levouse a cabo ás 12:00h do 12 de outubro de 1952 no Campo de La Bordeta, en Barcelona. Nese encontro inaugural enfrontáronse o FC Barcelona e a AD Plus Ultra de Madrid, que rematou co resultado final de 21-0 a prol do conxunto barcelonésCrónica do primeiro encontro da historia da liga española de rugby .
A competición rematou coa vitoria final para o FC Barcelona, que deste xeito se converteu no primeiro campión de liga de rugby en España.Crónica do último encontro da liga na hemeroteca de El Mundo Deportivo
Sistema de puntuación O sistema de puntuación foi o seguinte: 2 puntos por vitoria. 1 punto por empate. 0 puntos por derrota. 1 punto por encontro xogado.
Clasificación {| class="wikitable" width="65%" style="text-align: center;" |- |colspan="15" cellpadding="0" cellspacing="0"| División de Honra — Tempada 1952/53 |- !bgcolor="#efefef" width="20"|Posto !bgcolor="#efefef" width="200"|Equipo !bgcolor="#efefef" width="20"|Puntos !bgcolor="#efefef" width="20"|Xogados !bgcolor="#efefef" width="20"|Gañ. !bgcolor="#efefef" width="20"|Emp. !bgcolor="#efefef" width="20"|Per. !bgcolor="#efefef" width="20"|PF !bgcolor="#efefef" width="20"|PC
|- bgcolor=#99ccff align=center | 1 ||align=left| FC Barcelona |bgcolor=#ffffa5|17|| 6 || 5 || 1 || 0 || 73 || 25
|- bgcolor=#EFEFEF align=center | 2 ||align=left| Atlético Madrid |bgcolor=#ffffa5|14|| 6 || 4 || 0 || 2 || 33 || 24
|- bgcolor=#EFEFEF align=center | 3 ||align=left| UE Santboiana |bgcolor=#ffffa5|10|| 6 || 2 || 0 || 4 || 35 || 53
|- bgcolor=#EFEFEF align=center | 4 ||align=left| AD Plus Ultra |bgcolor=#ffffa5|7|| 6 || 0 || 1 || 5 || 18 || 57
|- bgcolor=#ffffff align=center |colspan="15"| <<<< Non houbo — Tempadas — 1953/54 >>>>
En azul o campión de liga (1º). |}<noinclude>
O Futbol Club Barcelona''' acadou o campionato nacional de liga. Foi o 1º título de liga para o club catalán.
Resultados
Datas Resultados Equipos 12-10-1952 21 - 0 || Barcelona vs Plus Ultra |- align=center bgcolor=#dddddd | 19-10-1952|| 8 - 9 Santboiana vs Barcelona 19-10-1952 3 - 0 || Atlético vs Plus Ultra |- align=center bgcolor=#dddddd | 26-10-1952|| 9 - 5 Barcelona vs Atlético 01-11-1952 11 - 3 || Atlético vs Santboiana |- align=center bgcolor=#dddddd | 02-11-1952|| 6 - 12 Plus Ultra vs Santboiana 09-11-1952 3 - 8 || Santboiana vs Atlético |- align=center bgcolor=#dddddd | 16-11-1952|| 19 - 3 Barcelona vs Santboiana 16-11-1952 3 - 6 || Plus Ultra vs Atlético |- align=center bgcolor=#dddddd | 07-12-1952|| 0 - 6 Atlético vs Barcelona 08-12-1952 9 - 9 || Plus Ultra vs Barcelona |- align=center bgcolor=#dddddd | 14-12-1952|| 6 - 0 Santboiana vs Plus Ultra
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da Federación Española de Rugby
Categoría:Rugby en 1952 Categoría:División de Honra de Rugby