O galego ([ɡaˈleɣo̝])Dicionario de pronuncia da lingua galega é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia,Constitución española de 1978 art. 3.2. e Estatuto de Autonomía de Galicia art. 5 onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga),O concello asturiano da Veiga declara oficial o galego no seu municipio, nova publicada en Praza Pública o 13 de xaneiro de 2016. así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.

O galego moderno forma parte do grupo de linguas ibero-occidentais, unha familia de linguas románicas que inclúen o portugués, e que se desenvolveu dende o latín vulgar falado na provincia de Gallaecia, e evolucionou ao que os lingüistas chaman galaico-portugués, falado no Reino de Galicia. As diverxencias dialectais son observables entre as formas do norte e do sur do galaico-portugués en textos do século XIII, mais as dúas variedades eran semellantes abondo para manter un alto grao de unidade até mediados do século XIV, coa literatura galego-portuguesa medieval. A diverxencia continuou até o presente, producindo as modernas linguas galega e portuguesa.

O léxico do galego é predominantemente de orixe latina, malia que tamén contén certo número de palabras de orixe celta e xermánica, entre outros substratos e adstratos. Tamén incorporou certo número de palabras do árabe de Al-Andalus, principalmente a través do castelán.

A Real Academia Galega é consonte a Lei de Normalización Lingüística vixente, a entidade competente para a fixación das normas da lingua galega, non obstante as actuais normas elaboráronse na súa orixe conxuntamente co Instituto da Lingua Galega, teñen tamén un papel destacado o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e o Consello da Cultura Galega."Institucións" no Portal da Lingua Galega.

Extensión miniatura|300px|esquerda|Mapa cronolóxico que amosa a evolución territorial das linguas do suroeste de Europa entre as que aparece o galego. O galego fálase en Galicia, onde é a lingua oficial xunto co castelánArtigo 5.2 do Estatuto de Autonomía de Galicia.. Tamén se fala e se permite o seu ensino regrado no occidente da comarca do Bierzo (provincia de León) e nunha zona da provincia de Zamora, chamada As Portelas, que comprende os concellos de Porto, Pías, Lubián e Hermisende, sendo parcialmente galegofalante Pedralba de la Pradería, onde é falado na pedanía de Calabor.

Tamén é falado en 19 concellos limítrofes do Principado de Asturias, pertencentes á Terra Eo-Navia onde se chama eonaviego ou galego-asturiano (no sentido de galego falado no territorio de Asturias), aínda que este é un punto sobre o que hai gran controversia en Asturias. Por unha banda atópase a romanística internacional e a filoloxía galega, cuxos estudos afirman que a lingua natural desta comarca asturiana pertence formalmente ao conxunto lingüístico galaico-portugués como parte da lingua galega; no punto contrario sitúanse o goberno do Principado e a Academia de la Llingua Asturiana, que consideran as falas situadas entre o Navia e o Eo como unha transición entre o tronco galaico-portugués e o asturleonés.

En tres concellos estremeños, na fronteira con Portugal, do Val de Xálima (San Martín de Trebello, As Ellas e Valverde do Fresno), na provincia de Cáceres, fálase a fala de Estremadura, modalidade galaico-portuguesa sobre a que aínda non hai unanimidade acerca de se pode considerarse unha variedade de galego, procedente dos galegos participantes na Reconquista que se asentaron nesa zona, ou unha lingua diferenciada dentro do subgrupo Galego-portugués.

Unha enquisa lingüística realizada en 2003 en Cataluña polo seu goberno autónomo revelaba falantes de galego no territorio catalán. A extrapolación de poboación situaba en 61.400 os habitantes da comunidade autónoma que consideraban o galego como primeira lingua, 21.000 os que a consideraban lingua propia e 11.300 os que a consideraban lingua habitual.Estadística d'usos lingüístics a Catalunya 2003

Distintas comunidades galegas da diáspora en Hispanoamérica (especialmente en Buenos Aires —Arxentina—, Caracas —Venezuela—, Montevideo —Uruguai—, A Habana —Cuba—, Cidade de México —México—) e en Europa conservan o uso oral do idioma con bastante precariedade, sendo aproximadamente 500.000 os falantes do galego desas comunidades. No seo das comunidades emigrantes ao Brasil tamén se mantén o galego con xiros e adaptacións do portugués brasileiro.

Historia

miniatura|esquerda|Un dos máis antigos textos legais escritos en galego, o foro do bo burgo do Castro Caldelas, 1228.

A lingua galega é unha lingua romance ou neolatina. Presenta unha pequena porcentaxe de pervivencias léxicas dos substratos precelta, celta e paleohispánico, así coma dos superestratos xermánico, britónico e árabe.

O galego moderno descende do galego-portugués, lingua medieval que evolucionou e deu lugar aos actuais galego e portugués. Entre os séculos XIV e XVI, debido a circunstancias de carácter histórico e político, acentúanse as diverxencias entre as dúas variedades que, seguindo cadanseu destino, acaban fixándose como linguas independentes, aínda que ligadas por estreitos lazos de parentesco.

A lingua galega oral considérase formada arredor do século IX, como resultado da asimilación e evolución do latín vulgar levado ao noroeste da Península ibérica polos conquistadores romanos. Existe unha coincidencia significativa entre a área ocupada (durante o Bronce final/Ferro e no período galaico-romano) pola cultura castrexa e o futuro dominio lingüístico galego. A romanización lingüística puido culminar entre os séculos III e IV d.C., período no que as linguas indíxenas quedarían reducidas a lugares pouco accesibles ata desapareceren. Cando xermanos e britanos se asentan en Galicia, esta probablemente fala xa latín vulgar totalmente.

Tras a primacía escrita do latín, o galego hase converter en lingua escrita culta tanto nos reinos de Galicia e Portugal coma nos de León e Castela. Recentemente foi achado o documento máis antigo escrito en galego que se conservou no territorio da Galicia actual, trátase do Foro do bo burgo do Castro de Caldelas outorgado por Afonso IX en abril de 1228 ao concello de Allariz (Ourense). No século XIII escribirá en galego o rei Afonso X o Sabio as Cantigas de Santa María. A lingua galega medieval foi especialmente relevante no ámbito da lírica, considerada entre as referenciaisXosé Ramón Freixeiro Mato: "O catalán Jofre de Foixá, autor dunhas Regles de Trobar escritas en occitano arredor de 1290, cita as linguas que el considera naquela altura habilitadas para a lírica: o francés, o provenzal, o siciliano e o galego; galego, pois, e non galego-portugués nin portugués, é a denominación que se lle daba á lingua dos cancioneiros, polo menos nos ambientes eruditos e trobadorescos." En O galego de Portugal. Algunhas observacións sobre a xénese e a denominación orixinaria do sistema lingüístico galego-portugués. da época para toda Europa.

A escisión de Portugal no século XII, a decadencia do Reino de Galicia e da súa aristocracia (aceleradas polas derrotas que a nobreza galega sufriu ao tomar partido polos bandos perdedores nas guerras de poder de finais do século XIV e primeiros do século XV) e o desprazamento cara á Castela da centralidade e do poder políticos condicionarán o uso do idioma entre o final do período medieval e a Idade Moderna, especialmente nos ámbitos da escrita culta e no uso xurídico-administrativo. A pesar de continuar sendo hexemónico na oralidade e fóra dos ámbitos descritos, a perda das dimensións máis prestixiosas do idioma irá contribuíndo, como se verá na seguinte epígrafe, aos prexuízos negativos contra a lingua, aos cales tampouco é allea á animadversión contra todo o galego perceptible tanto na literatura barroca castelá coma na literatura popular, inzadas de caracterizacións racistas. O portugués, pola súa banda, gozará no sucesivo dun desenvolvemento libre grazas a que Portugal, non sen conflitos, foi o único territorio peninsular que se manterá alleo á hexemonía do eixo Castela-Aragón/España e polo tanto do dominio lingüístico castelán.

O inicio dos Séculos Escuros cadra, pois, co proceso de formación da nación-imperio española e implica para a lingua de Galicia un empobrecemento derivado da represión dos usos escritos e cultos, que a partir dese momento se reservan para o castelán. A nova situación terá efectos en todos os niveis da lingua. O paradigma léxico vivo será o relacionado co mundo do traballo nos sectores agrícola, artesanal e mariñeiro; os sistemas morfosintáctico e fonético evolucionan á marxe do antigo tronco común ao portugués. Diversas homoxeneizacións do paradigma verbal ou a distinción dos pronomes che e te —para as formas de obxecto indirecto e directo, respectivamente— rematarán cubrindo o territorio e facendo recoñecible unha variante iberorromance occidental delimitada por varios grupos de isoglosas. Cómpre aclarar que algunhas delas pertencían tamén ao portugués falado no norte do Douro, mais a presión uniformizadora do patrón lisboeta fará que se vaian retirando cada vez máis cara ao Miño, ata o punto de viraren arcaísmos no estándar oral do norte urbano e vilego de Portugal xa a finais do século XX. Discútese a mediatización castelá ou a evolución autóctona dalgúns trazos da lingua galega; a gheada, por exemplo, que aparece indirectamente reflectida en documentos da Idade Moderna, é para algúns estudos unha reconfiguración interna da estrutura consonántica do galego, impulsada quizais polo substrato, e para outros simple interferencia co fonema fricativo velar xordo do español. En calquera caso irán avanzando como características galegas o enxordecemento das consoantes palatais ou a asimilación das vogais nasais ata dominaren a práctica totalidade do territorio agás —no que toca á sonoridade das sibilantes— pequenos núcleos da Limia e das Portelas ou —canto á nasalidade— nos Ancares. O thetacismo caracterizará a maior parte das falas centro-orientais.

Con respecto aos usos escritos cultos o Rexurdimento supoñerá no século XIX unha importante viraxe. Recupéranse xéneros literarios (sobre todo a poesía) e nace o xornalismo en lingua galega. Estes feitos contribúen ao agromar dunha nova conciencia lingüística que tende á dignificación e á normalización en calquera área de uso. O diálogo entre as elites intelectuais galegas e o resto do pobo reiníciase tras centos de anos de abandono, e (re)comezan usos que se tiñan por inéditos. Así e todo as interferencias entre galego e castelán son cada vez máis visibles, en maior grao canto máis urbano sexa o ambiente no que se fala o idioma propio. A castelanización estaba afectando xa profundamente ao modelo oral, que se vía minguado no cuantitativo ao longo das cidades e vilas —aínda que seguía sendo nelas moi maioritario— mais tamén no cualitativo, en canto a capacidade expresiva e os equilibrios léxicos se alteraban coa presenza crecente do castelán. Escolas, púlpitos e institucións seguían o ditado do espallamento da única lingua oficial do Estado, o español, reforzando o lugar común da escasa idoneidade do galego para usos que fosen máis alá do coloquial ou do folclórico.