Hedroso é unha localidade española do concello de Lubián, na provincia de Zamora (Castela e León). Atópase na bisbarra de Seabra, e dentro dela na subcomarca das Portelas. É, polo tanto, unha das poucas localidades galegofalantes de Zamora.

Está situado nunha zona de terreo enfesto con vexetación frondosa, constituída principalmente por castiñeiro e nogueiras. As súas edificacións contan coa típica arquitectura popular seabresa, entre as que salienta a igrexa parroquial.

O seu xentilicio é hedrosao.

Véxase tamén Seabra

Notas

Categoría:Lubián