Terra foi unha revista publicada en Santiago de Compostela en 1927.
Historia e características Subtitulada Revista quincenal ilustrada, apareceu o 1 de marzo de 1927. Dirixida por Jaime Vilas Cagiao. De vida moi curta, o segundo e último número apareceu o día 15 do mesmo mes. Entre os colaboradores figuraban Ramón Otero Pedrayo, Herminia Fariña, Armando Cotarelo Valledor, Jesús Bal y Gay, Maside, Fermín Bouza-Brey, Santiago Montero Díaz, Lois Tobío Fernández, Rafael Dieste, Santiago Ramón y Cajal, Manuel Fuentes Jorge.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:1927 en Galicia