José Enrique Pereira Míguez ou quizais Miguez, nado en Redondela o 5 de novembro de 1884 e finado na mesma vila en outubro de 1956, foi un médico e político galego.
Traxectoria Fillo de Manuel Pereira Míguez.El Pueblo Gallego, 31-5-1939, p. 6. Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela en 1907. Destacou na loita antiforal e foi concelleiro en 1915. Na Segunda República foi secretario da directiva do Centro Republicano de Redondela (1933). Foi secretario da agrupación local do PSOE de Redondela, así como da UGT.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en setembro, xulgado en Vigo por rebelión militar o 16 de decembro xunto con Gustavo Otero Sestelo, Manuel Loureiro Pérez, Jesús Olimpio Giráldez Fernández, Francisco Darriba Pérez, Pompeyo Blanco Villar, Manuel Bouzas Puerta, Constante Carballido, Manuel Álvarez Castro, Manuel Martínez Barreiro, Leopoldo Garrido Leirós, Manuel Rodríguez Magariños, Jesús Gómez Casal, Manuel Blanco Camiña e Manuel Barros Montero, e condenado a cadea perpetua. Estivo preso no cárcere de Vigo, na illa de San Simón e no Forte de San Cristovo (Pamplona), onde ingresou o 22 de febreiro de 1937. Tamén foi condenado a pagar unha forte indemnización polo que lle foron embargados todos os bens. Ao saír do Forte de San Cristovo en abril de 1939 estivo desterrado en Ceuta, regresando finalmente a Redondela, onde exerceu outra vez a súa profesión. Tamén foi médico en Domaio e na Lama. Finou en Redondela en outubro de 1956.El Pueblo Gallego, 14-10-1956, p. 12.Necrolóxica en La Noche, 17-10-1957, p. 6.
Vida persoal Casou con Carmen Ibáñez Araújo, filla de Antonio María Ibáñez Conde, en decembro de 1911,La Correspondencia Gallega, 12-12-1911, p. 2. e foi pai de Enrique, Carlos, María de los Ángeles, Alberto, Álvaro, María del Carmen e José Pereira Ibáñez. Foi irmán de Manuel, Luis, Florentino e Antonio Pereira Míguez.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha no Censo de represaliados de la UGT
Expediente de poxa de bens mobles e enxoval incautados a José Pereira Míguez (1937)
Categoría:Médicos de Redondela Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Concelleiros de Redondela Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Represaliados polo franquismo
Categoría:Nados en Redondela
Categoría:Nados en 1884 Categoría:Finados en 1956