Dagon, a seita do mar (en , en ) é un filme dirixido por Stuart Gordon en 2001 baseado nunha historia de H. P. Lovecraft. Foi rodada en Combarro e estreada no Festival de Sitges.
Este filme estreouse nos cines con dobraxe en galego (en 5 salas) o 31 de outubro de 2001, e tamén se estreou o 12 de outubro de 2022 a través de Netflix, onde se puxo a disposición da versión en galego para o seu visionado.
Sinopse
Paul e a moza Barbara están celebrando cunha viaxe en barco o éxito da súa nova empresa co seu socio Howard, e a esposa deste, Vicki. Tras chocar o barco, Vicki queda atrapada nos restos e Paul e Barbara deciden ir á vila máis próxima para buscar axuda. Este lugar, chamado Imboca, parece deserto ata que aparecen algúns estraños habitantes cos que volven ao barco. Cando chega na el Howard e Vicki desapareceron e logo Barbara é secuestrada. Fuxindo dos habitantes de Imboca, Paul descobre o segredo: son adoradores de Dagon, un demo mariño.
Elenco de dobraxe +PersonaxeActor orixinalActor de dobraxe (Galicia)Paul Marsh/Pablo CambarroEzra GoddenAntón OlmosEzequielFrancisco RabalRamiro TaboadaBarbaraRaquel MeroñoNora AbadUxía CambarroMacarena GómezAna LemosHowardBrendan PriceFermín EncinarVoz en off–VickiBirgit BofarullMiriam AldreySacredoteFerran LahozMatías BreaRapazJorge Luis PérezCarolina Vázquez
Produción O filme é unha produción de Castelao Producciones, Estudio Picasso e Fantastic Factory (Filmax). Algúns entrevistadores preguntaron se era difícil convencer a Raquel Meroño de que sería encadeada pola forza e colgada espida como parte do seu papel. Como dixo Stuart Gordon: "Nunca fixo unha escena de espidos. É unha gran estrela da televisión en España", polo que para ela facelo foi moi valente e tamén moi esixente fisicamente".
Recepción A película estreouse nas salas españolas o 31 de outubro de 2001; estreando en 117 salas e na posición 20 na súa primeira fin de semana onde recadou 101.273 dólares por unha media de 860 dólares. A película recaudaría máis tarde 43.773 dólares, o que o elevaría a 145.046 dólares, ou 212.699 euros en moeda española.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming Ligazóns externas Ficha na IMDb
Categoría:Filmes de 2001 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes ambientados en Galicia Categoría:Filmes de 2001 con versión en galego