Un parámetro estatístico é un parámetro que clasifica unha distribución de probabilidade. Pode referirse a unha característica numérica dunha poboación estatística ou a un modelo estatístico.
Na inferencia estatística os parámetros non son sempre observables, e a tarefa do estatístico é inferir o que poida deses parámetros a partir das observacións da variable aleatoria. Noutras ocasións os parámetros poden fixarse pola natureza do procedemento empregado, por exemplo, polo número de graos de liberdade nun contraste khi-cadrado.
Principais parámetros Os parámetros estatísticos adoitan dividirse nas seguintes categorías: Medidas de posición.
Trátase dos valores da variable estatística que se caracterizan pola posición que ocupan dentro do rango de valores posibles desta. Distínguense: As medidas de tendencia central: medias, moda e mediana. As medidas de posición non central: cuartís, decís e percentís. Medidas de dispersión.
Resumen a heteroxeneidade dos datos, o separados que están entre eles. Hai dous tipos: Medidas de dispersión absolutas, que veñen dadas nas mesmas unidades nas que se mide a variable: percorrido, desvío medio, varianza e desvío estándar. Medidas de dispersión relativas, que informan da dispersión en termos relativos: coeficiente de variación, coeficiente de apertura, percorrido relativo e índice de dispersión respecto da mediana. Medidas de forma.
O seu valor informa sobre o aspecto que ten a gráfica da distribución, como os coeficientes de asimetría e curtose. Outros parámetros. Existen outros parámetros con propósitos máis específicos, como a proporción, o número índice, a taxa ou o coeficiente de Gini.
Notas
Categoría:Estatística