300px|miniatura|Mapa de Grecia no que se resalta a localización do Monte Athos en vermello. A República de Monte Athos (en grego Άγιο Όρος, "Montaña Sagrada") é un estado monástico ("República Athos") que se localiza nunha península na rexión de Macedonia e está baixo soberanía grega. Mesmo pertencendo formalmente ao territorio da Grecia, que mantén unha especie de gobernador, é na verdade unha "entidade teocrática independente". Para entrar neste territorio é necesario un permiso especial, a pesar de que Grecia sexa parte da Unión Europea e teña abolido os controis fronteirizos.
O territorio desta pequena república está situado na península Calcídica e é habitado por cerca de 1500 monxes ortodoxos distribuídos en vinte mosteiros principais. Cada un destes mosteiros elixe o seu propio superior e aos representantes para a Santa Asemblea, que exerce o poder lexislativo sobre todo o Monte Athos.
A única forma de chegar ao Monte Athos é por barco, partindo da cidade de Uranópolis. Tratándose dun territorio habitado exclusivamente por monxes, só poden entrar nel homes e animais do sexo masculino.
miniatura|250px|dereita|Mosteiro de Símonos Pétra Este pequeno enclave abriga preciosos tesouros artísticos: antigos manuscritos, iconas e frescos pintados polos máis ilustres representantes da pintura bizantina. Desde as súas orixes, a Montaña Sagrada hospedou místicos e mestres espirituais cuxos escritos foron recollidos no século XVIII nunha célebre antoloxía - a Filocalia - que influenciou profundamente o mundo ortodoxo.
Historia thumb|Un modelo 3D de Athos
Antigüidade thumb|Vista imaxinaria do monumento de Alexandre, proposta por Dinócrates. Gravado de Johann Bernhard Fischer von Erlach, 1725
Na mitoloxía grega, Athos é o nome dun dos Xigantes que desafiou aos deuses gregos durante a Xigantomaquia. Athos lanzou unha enorme pedra contra Poseidón que caeu no mar Exeo e converteuse no Monte Athos. Segundo outra versión da historia, Poseidón usou a montaña para enterrar ao xigante derrotado.
Homero menciona a montaña Athos na Ilíada.Homero, Ilíada 14.229. Herodoto escribe que, durante a invasión persa de Tracia no 492 a.C., a frota do comandante persa Mardonius naufragou con perdas de 300 barcos e 20.000 homes, por un forte vento do norte mentres intentaba rodear a costa preto do Monte Athos. Heródoto, Historias 6,44. Herodoto menciona a península, entón chamada Akte, dicíndonos que os Pelasgos da illa de Lemnos poboaban e nomea nela cinco cidades, Sane, Kleonai (Cleonae), Thyssos (Thyssus), Olophyxos (Olophyxus), e Akrothoon (Acrothoum).Heródoto, Historias 7,22. Estrabón tamén menciona as cidades de Dion (Dium) e Akrothoon.Strabo, Xeografía 7,33,1. Eretria tamén estableceu colonias en Akte. Polo menos outra cidade estableceuse no período Clásico: Akanthos (Acanthus). Algunhas destas cidades acuñaron as súas propias moedas.
A península estaba na ruta de invasión de Xerxes I, quen pasou tres anosWarry, J. 1998 Warfare in the Classical World Salamander Book Ltd., Londres p 35 escavando a Canle de Xerxes atravesou o istmo para permitir o paso da súa frota invasora no 483 a.C. Despois da morte de Alexandre o Grande, o arquitecto Dinócrates (Deinocrates) propuxo esculpir na montaña enteira unha estatua de Alexandre.
Plinio o Vello afirmou no 77 d.C. que os habitantes do Monte Athos podían "vivir ata os catrocentos anos" debido ao feito de que comen a pel de víboras.Pliny the Elder. , consultado o 30 de outubro de 2021.
A historia da península durante as últimas idades está envolta pola falta de relatos históricos. Os arqueólogos non puideron determinar a localización exacta das cidades informadas por Estrabón. Crese que debían estar abandonadas cando os novos habitantes de Athos, os monxes, comezaron a chegar nalgún momento antes do século IX d. C..
Cristianismo primitivo thumb|A península vista desde o cumio do Monte Athos
Segundo a tradición athonita, a Virxe María navegaba acompañada por San Xoán Evanxelista desde Jope ata Chipre para visitar Lázaro. Cando o barco desviouse do rumbo cara ao entón pagán Athos, viuse obrigado a fondear preto do porto de Klement, preto do actual mosteiro de Iviron. A Virxe chegou á costa e, abafada pola marabillosa e salvaxe beleza natural da montaña, bendiciuna e pediulle ao seu Fillo que fose o seu xardín. Escoitouse unha voz que dicía: "" (Tradución: "Que este lugar sexa a túa herdanza e o teu xardín, un paraíso e un remanso de salvación para os que buscan salvarse"). Desde ese momento a montaña consagrouse como xardín da Nai de Deus e quedou fóra do alcance para todas as demais mulleres.St Gregory Palamas included this tradition in his book Life of Petros the Athonite, p. 150, 1005 AD.
Os documentos históricos sobre a historia do antigo Monte Athos son moi poucos. É certo que os monxes levan alí dende o século IV, e posiblemente dende o III. Durante o reinado de Constantino I (324–337) tanto cristiáns como seguidores da relixión tradicional grega vivían alí. Durante o reinado de Xuliano (361–363), as igrexas do Monte Athos foron destruídas, e os cristiáns agocháronse nos bosques e lugares inaccesibles.Speake 2002, p. 27.
Máis tarde, durante o reinado de Teodosio I (379–395), os templos da relixión tradicional grega foron destruídos. O lexicógrafo Hesiquio de Alexandría afirma que no século V aínda había un templo e unha estatua de "Zeus Athonita". Despois da conquista islámica de Exipto no século VII, moitos monxes ortodoxos do deserto exipcio intentaron atopar outro lugar tranquilo, algúns deles chegaron á península de Athos. Un documento antigo afirma que os monxes "construían cabanas de madeira con tellados de palla [...] e recollían froitos das árbores silvestres facendo comidas improvisadas".Biografía de San Atanasio Athonita
Os vinte mosteiros autónomos miniatura|250px|Mapa do Monte Athos
Megísti Lávra Vatopédi Iviron Chilandariou Dionysiou Koutloumousiou Pandokratoros Xiropotamou Zografou Dochiariou Karakalou Philotheou Simonos Petras Agiou Pavlou Stavronikita Xenofondos Osiou Grigoriou Esfigmenou Agiou Panteleimonos Konstamonitou Notas
Referencias
Véxase tamén
Outros artigos Patrimonio da Humanidade en Grecia Ligazóns externas Mount Athos O servidor web oficial de Monte Athos . Mount Athos Homepage Páxina principal de Monte Athos . Macedonian Heritage Historia, cultura, xeografía e información de visita . Monte Athos en Chalkidiki (en inglés). Monte Athos na web do Ministerio de Cultura de Grecia (en inglés ou grego). Amigos de Monte Athos (en inglés). Dmoz Ligazóns relacionadas co Monte Athos (en inglés). Patriarcado Ecuménico de Constantinopla (en inglés ou grego).
Categoría:Xeografía de Grecia Categoría:Lugares da mitoloxía grega Categoría:Patrimonio da Humanidade en Grecia