miniatura|O Prince of Wales Trophy no Hockey Hall of Fame. O Prince of Wales Trophy, tamén coñecido como Wales Trophy, é un trofeo entregado pola National Hockey League (NHL) ao campión da Conferencia Leste (anteriormente Conferencia Wales) nos play-offs, antes dos partidos das series finais pola Stanley Cup. Chamado así en honor ao Príncipe Eduardo, Príncipe de Gales (posteriormente Rei Eduardo VIII, e logo Duque de Windsor), o trofeo foi entregado por primeira vez na tempada 1925-26 ao campión do primeiro partido no Madison Square Garden e logo entregouse ao campión dos play-offs da NHL (incluíndo as dúas tempadas anteriores); con todo, o trofeo foi entregado atendendo a oito distintos significados ao longo da súa historia, entre eles ao campión na liga regular da American Division, o campión da liga regular da NHL, o campión da tempada na East Division, o campión da Conferencia Wales na liga regular, o campión da Conferencia Wales nos play-offs, e o campión da Conferencia Leste nos play-offs. O actual defensor do título do Prince of Wales Trophy son os Washington Capitals, logo de gañar o título da Conferencia Leste na tempada 2017-18.
Historia O Prince of Wales Trophy foi anunciado por primeira vez en decembro de 1925. O trofeo, patrocinado polo Príncipe de Gales e co escudo de armas real custou 2.500$, e estaba destinado a ser posesión do campión da liga. Foi orixinalmente entregado ao gañador do primeiro partido xogado no Madison Square Garden, que tivo lugar o 15 de decembro de 1925 (Montreal Canadiens 3 vs New York Americans 1). O trofeo foi entón retido polos Canadiens ata o final da tempada. Os Canadiens inscribiron o seu nome no trofeo dúas veces, na tempada 1924–25, e na tempada precedente, a 1923–24, por ser os campións de liga.
Posteriormente foi entregado ao campión dos play-offs da NHL nas tempadas 1925–26 e 1926–27 (xunto coa O'Brien Cup), antes de que o equipo pasara a enfrontarse ao campión da Western Hockey League (WHL) pola Stanley Cup ao final das dúas ligas. Dende a tempada 1927-28, o trofeo foi entregado ao campión da American Division da NHL, mentres que a O'Brien Cup foi entregada ao campión da Canadian Division, ata 1938, cando, logo de que a NHL voltara a unha soa división, o Wales Trophy converteuse no trofeo ao campión da liga regular.
Coa expansión da NHL en 1967, e a creación da West Division, o Wales Trophy pasou a ser entregado ao equipo que finalizaba na primeira posición da East Division, durante a liga regular. Cando a liga creou dúas conferencias en 1974, o trofeo mudou de novo o seu significado, sendo entregado ao equipo que finalizara co mellor rexistro da liga regular na Wales Conference, ata 1981. A NHL mudou o seu formato de play-offs para que os dous campións de conferencia nos play-offs se puideran enfrontar pola Stanley Cup. O Prince of Wales Trophy foi presentado aos campións da Wales Conference nos play-offs. No verán de 1993 a Wales Conference foi renomeada Conferencia Leste. O Prince of Wales Trophy ten sido entregado ao campión da Conferencia Leste nos play-offs dende a tempada 1993-94.
Existe unha superstición tradicional que permanece en moitos dos xogadores actuais da NHL pola que ningún xogador debe tocar ou erguer os trofeos Campbell (campión da Conferencia Oeste) ou o Prince of Wales (campión da Conferencia Leste) despois de ter gañado os play-offs de conferencia; eses xogadores senten que a Stanley Cup é o verdadeiro trofeo de campión e a causa diso debe ser o único o único trofeo que ergan. En lugar de tocar o trofeo de conferencia, o capitán do equipo gañador simplemente posa (habitualmente de forma solemne) co trofeo, e ás veces, todo o equipo posa con el. Con todo, houbo outros equipos que ignoraron a superstición e ergueron os trofeos de conferencia, e logo conseguiu gañar a Stanley Cup de todos xeitos.
O capitán dos Tampa Bay Lightning, Steven Stamkos, levou a superstición a un nivel extremo durante os play-offs de 2015. Logo da vitoria de Lightning por 2 goles a 0 fronte aos New York Rangers no Madison Square Garden, Stamkos negouse a darlle a man ao Deputy Commissioner da NHL Bill Daly e negouse a mirar o trofeo antes de posar para a fotografía obrigatoria. O equipo de Tampa tamén se negou a posar para unha fotografía de equipo co trofeo.
Campións + Títulos totais por equipo Vitorias Equipo25Montreal Canadiens18Boston Bruins13Detroit Red Wings5New Jersey Devils4New York RangersPittsburgh PenguinsPhiladelphia Flyers3Buffalo SabresNew York Islanders2Chicago Black HawksCarolina Hurricanes Tampa Bay LightningToronto Maple Leafs1Florida PanthersMontreal MaroonsOttawa SenatorsOttawa SenatorsWashington Capitals
Lenda * Equipo desaparecido ^ = Ano no que afianzou o seu liderado en vitorias ¤ = Ano no que afianzou o seu liderado en vitorias consecutivas † = Eventuais campións da Stanley Cup a = Gravado en 1925-26.
Gañador orixinal 15 de decembro de 1925 - Montreal Canadiens (Canadiens 3, New York Americans 1)
Gravados entre 1923-1925 (antes da dazón)
Os Canadiens foron os campións de liga esas dúas tempadas.
TempadaCampiónVitoria # 1923-24 Montreal Canadiens †a 1 1924-25 Montreal Canadiens 2
Campións dos play-offs da NHL (1925–1926) TempadaCampiónVitoria # 1925-26 Montreal Maroons * † 1 1926-27 Ottawa SenatorsRefírese á franquía orixinal dos Ottawa Senators (1917–1934) *† 1
Campión na liga regular da American Division (1927–38) TempadaCampiónVitoria # 1927-28 Boston Bruins 1 1928-29 Boston Bruins † 2 1929-30 Boston Bruins 3 1930-31 Boston Bruins 4 1931-32 New York Rangers 1 1932-33 Boston Bruins 5 1933-34 Detroit Red Wings † 1 1934-35 Boston Bruins 6 1935-36 Detroit Red Wings † 2 1936-37 Detroit Red Wings † 3 1937-38 Boston Bruins 7
Campión da liga regular (1938–67) TempadaCampiónVitoria # 1938-39 Boston Bruins † 8 1939-40 Boston Bruins 9 1940-41 Boston Bruins † 10 1941-42 New York Rangers 2 1942-43 Detroit Red Wings † 4 1943-44 Montreal Canadiens † 3 1944-45 Montreal Canadiens 4 1945-46 Montreal Canadiens † 5 1946-47 Montreal Canadiens 6 1947-48 Toronto Maple Leafs † 1 1948-49 Detroit Red Wings 5 1949-50 Detroit Red Wings† 6 1950-51 Detroit Red Wings 7 1951-52 Detroit Red Wings † 8 1952-53 Detroit Red Wings 9 1953-54 Detroit Red Wings ¤ † 10 1954-55 Detroit Red Wings † 11 1955-56 Montreal Canadiens † 7 1956-57 Detroit Red Wings 12 1957-58 Montreal Canadiens † 8 1958-59 Montreal Canadiens † 9 1959-60 Montreal Canadiens † 10 1960-61 Montreal Canadiens 11 1961-62 Montreal Canadiens 12 1962-63 Toronto Maple Leafs† 2 1963-64 Montreal Canadiens 13 1964-65 Detroit Red Wings 13 1965-66 Montreal Canadiens † 14 1966-67 Chicago Black Hawks 1
Campión da liga regular na East Division (1967–74) TempadaCampiónVitoria # 1967-68 Montreal Canadiens † 15 1968-69 Montreal Canadiens † 16 1969-70 Chicago Black Hawks 2 1970-71 Boston Bruins 11 1971-72 Boston Bruins † 12 1972-73 Montreal Canadiens ^ † 17 1973-74 Boston Bruins 13
Campión da liga regular na Wales Conference (1974–81) TempadaCampiónVitoria # 1974-75 Buffalo Sabres 1 1975-76 Montreal Canadiens † 18 1976-77 Montreal Canadiens † 19 1977-78 Montreal Canadiens † 20 1978-79 Montreal Canadiens † 21 1979-80 Buffalo Sabres 2 1980-81 Montreal Canadiens 22
Campión da Wales Conference nos play-offs (1981–93) TempadaCampiónVitoria # 1981-82 New York Islanders † 1 1982-83 New York Islanders † 2 1983-84 New York Islanders 3 1984-85 Philadelphia Flyers 1 1985-86 Montreal Canadiens † 23 1986-87 Philadelphia Flyers 2 1987-88 Boston Bruins 14 1988-89 Montreal Canadiens 24 1989-90 Boston Bruins 15 1990-91 Pittsburgh Penguins † 1 1991-92 Pittsburgh Penguins † 2 1992-93 Montreal Canadiens † 25
Campión da Conferencia Leste nos play-offs (1993–presente) miniatura|Os Boston Bruins, campións da Conferencia Leste, posan co Prince of Wales Trophy. TempadaCampiónVitoria # 1993-94 New York Rangers † 3 1994-95 New Jersey Devils † 1 1995-96 Florida Panthers 1 1996-97 Philadelphia Flyers 3 1997-98 Washington Capitals 1 1998-99 Buffalo Sabres 3 1999-00 New Jersey Devils † 2 2000-01 New Jersey Devils 3 2001-02 Carolina Hurricanes 1 2002-03 New Jersey Devils † 4 2003-04 Tampa Bay Lightning † 1 2004-05 Tempada cancelada 2005-06 Carolina Hurricanes † 2 2006-07 Ottawa Senators 1 2007-08 Pittsburgh Penguins 3 2008-09 Pittsburgh Penguins † 4 2009-10 Philadelphia Flyers 4 2010-11 Boston Bruins † 16 2011-12 New Jersey Devils 5 2012-13 Boston Bruins 17 2013-14 New York Rangers 4 2014-15 Tampa Bay Lightning 2 2015-16 Pittsburgh Penguins † 5 2016-17 Pittsburgh Penguins † 6 2017-18 Washington Capitals † 2 2018-19 Boston Bruins 18
Notas
Referencias
Véxase tamén Outros artigos Lista de premios da National Hockey League Finais de Conferencia da NHL Clarence S. Campbell Bowl
Ligazóns externas Historia do Prince of Wales Trophy en NHL.com
Categoría:Trofeos e premios da National Hockey League Categoría:Conferencia Leste da NHL Categoría:Finais de Conferencia da NHL