A praza Cameretten é unha praza situada no extremo noroeste da Gran Praza da localidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos. Noutros momentos recibiu tamén o nome de "praza do Peixe" (neerlandés: Vismarkt). "Camaretten". En LensOnLeeuwenhoek.net. (En neerlandés)

Baixo a Cameretten flúe a canle Voldersgracht, que se atopa aí coas Wijnhaven e Hippolytusbuurt.

Na Idade Media, este era un lugar destinado ao comercio e dividíase en catro espazos, que foron ocupados entre 1338 e 1474 por banqueiros de orixe lombarda. A este feito pódese deber a orixe da denominación de "cámaras" para estes espazos.

Nesta praza localízanse varios edificios coa catalogación de Rijksmonument (monumento nacional), entre os que cabe salientar o Visbank ("mercado do peixe"), unha pintoresca construción do século XVIII dedicada ao comercio de peixe que aínda hoxe mantén a súa función.Catalogación dese edifico no Rijksmonumentenregister  (en neerlandés)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Delft Visbank (Delft)

Bibliografía Van der Krogt, Peter. Straatnamen van Delft: verklaring van de namen van straten en buurten, grachten en bruggen.Gemeenteaechief Delft. Delft, 2000. [ISBN 908065415] (en neerlandés)

Ligazóns externas Cameretten, 1. Estudo e descrición do edificio nacional (rijksmonument) do número 1 da praza (en neerlandés) Cameretten, 2. Estudo e descrición do edificio nacional (rijksmonument) do número 2 da praza (en neerlandés) Fotografías da praza Cameretten

Categoría:Delft Cameretten Categoría:Rijksmonument