O transportador asociado co procesamento de antíxenos (TAP) é unha proteína transportadora membro da familia do transportador de casete de unión ao ATP. Funciona entregando péptidos citosólicos no retículo endoplasmático, onde se une a moléculas nacentes de MHC de clase I.
A estrutura do TAP está formada por dúas proteínas: TAP-1 e TAP-2; ambas teñen unha rexión hidrófoba e unha rexión de unión ao ATP. Ensámblanse formando un heterodímero, que constitúe un transportador de catro dominios.
Función
O transportador TAP encóntrase no lume no retículo endoplasmático asociado co complexo de carga do péptido (ou PLC, do inglés peptide-loading complex). Este complexo formado pola β2 microglobulina, calreticulina, ERp57, o propio TAP, tapasina e MHC de clase I actúa mantendo unidas as moléculas do complexo maior de histocompatibilidade (MHC) ata que queden completamente cargadas con péptidos.
Transporte de péptidos
O transporte de péptidos mediado por TAP é un proceso de múltiples etapas. O peto de unión ao péptido está formado por TAP-1 e TAP-2. A asociación co TAP é un evento independente do ATP, "nun rápido paso de asociación biomolecular, o péptido únese ao TAP, seguido por unha lenta isomerización do complexo TAP". Suxeriuse que o cambio conformacional en estrutura desencadea a hidrólise do ATP, o que inicia o transporte de péptidos.
Para a translocación dos péptidos son necesarios ambos os dominios de unión a nucleótidos (NBD, nucleotide-binding domain), xa que cada NBD non pode hidrolizar o ATP en solitario. O mecanismo exacto do transporte non se coñece; porén, os descubrimentos realizados indican que a unión do ATP a TAP-1 é o paso inicial no proceso de transporte, e que o ATP unido a TAP-1 induce a unión de ATP a TAP-2. Tamén se demostrou que o desatraque da MHC de clase I cargada está ligada ao ciclo de tranporte de TAP causado por sinais procedentes da subunidade TAP-1.
Especificidade
A actividade de ATPase de TAP é moi dependente da presenza do substrato correcto, e a unión de péptidos é un requisito para a hidrólise de ATP. Isto impide malgastar ATP por medio da hidrólise independente de péptido.
A especificidade das proteínas TAP foi investigada primeiro atrapando péptidos no retículo endoplasmático utilizando a glicosilación. O TAP únese a péptidos de 8 a 16 residuos con igual afinidade, pero a translocación é máis eficiente para péptidos que son de 8 a 12 residuos de lonxitude. A eficiencia redúcese para péptidos maiores de 12 residuos. Porén, os péptidos con máis de 40 residuos son tamén translocados, pero con baixa eficacia. Os péptidos con baixa afinidade para as moléculas do MHC de clase I son transportados fóra do retículo endoplasmático por unha eficaz proteína de exportación dependente de ATP. Este mecanismo resumido pode representar un mecanismo que asegura que só os péptidos de alta afinidade están unidos ás MHC de clase I.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Tapasina MHC de clase I
Ligazóns externas
Categoría:Transportadores ABC Categoría:Sistema inmunitario