Os omaha son un pobo indíxena recoñecido federalmente como unha tribo, que reside na reserva india Omaha no nordeste de Nebraska e o oeste de Iowa, nos Estados Unidos de América. A finais do século XVII, os omaha migraron dende a área do alto Missouri e as chairas até o val do río Ohio. Falan a lingua omaha, unha lingua síux moi semellante á fala dos ponca. Os ponca formaban parte dos omaha antes de separarse noutra tribo a mediados do século XVIII.
Arredor do ano 1770, os omaha convertéronse no primeiro pobo das chairas do norte en adoptar a cultura ecuestre.Paulette W. Campbell, "Ancestral Bones: Reinterpreting the Past of the Omaha" , Humanities, novembro/decembro de 2002, Volume 23/Number 6, consultado o 26 de agosto de 2011 Desenvolvendo "The Big Village" (Ton-wa-tonga) en 1775 no norte de Nebraska, os omaha crearon unha gran rede de comercio cos primeiros colonos europeos e os exploradores francocanadenses. Controlaron o comercio da pel e o acceso a outras tribos do alto Missouri.
Omaha, Nebraska, a meirande cidade do estado, leva o seu nome por este pobo. Non se coñece que se ergueran en armas contra os Estados Unidos, e axudaron ó bando unionista na guerra civil estadounidense.
Notas
Categoría:Pobos indíxenas dos Estados Unidos de América