Roberta Joan "Joni" Mitchell, (de solteira Anderson), nada en Fort Macleod o 7 de novembro de 1943 é unha cantante e compositora canadense. Rolling Stone considerouna "unha dos máis grandes compositores da historia". Movéndose entre o folk, o pop, o rock e o jazz, as cancións de Mitchell adoitan reflectir ideas socias e ambientais ademais dos seus sentimentos sobre o romance, a confusión, a desilusión e a ledicia. Recibiu múltiples premios, incluídos nove Grammy.
Mitchell comezou a cantar en pequenos clubs nocturnos da súa cidade, Saskatoon, Saskatchewan, e polo Canadá occidental antes de tocar en rúas e clubs de Toronto. En 1965 mudouse aos Estados Unidos e comezou a realizar xiras. Algunhas das súas cancións orixinais ("Urge for Going", "Chelsea Morning", "Both Sides, Now", "The Circle Game") foron versionadas por outros cantantes, permitíndolle asinar con Reprise Records e gravar o seu disco debut en 1968. Establecida no sur de California, Mitchell, con cancións populares como "Big Yellow Taxi" e "Woodstock", axudou a definir unha era e unha xeración. O seu álbum de 1971 Blue adoita citarse entre os mellores de todos os tempos; foi considerado o 30.º mellor na listaxe de Rolling Stone dos 500 mellores álbums do todos os tempos, a posición máis alta para unha artista feminina. En 2000, New York Times escolleu Blue como un dos 25 álbums que representaban "puntos de inflexión e cumios da música popular do século XX". En 2017, NPR colocou Blue no número un dunha listaxe de álbums realizados por mulleres.
O seu quinto disco, For the Roses, estreouse en 1972. Cambiou entón de etiquetas e comezou a explorar ideas melódicas influídas polo jazz, con exuberantes texturas pop en Court and Spark, de 1974, que inclúe os seus éxitos "Help Me" e "Free Man in Paris"[ Ankeny, Jason. All Music Guide] e se converteu no seu disco máis vendido.
Arredor de 1975, o rango vocal de Mitchell comezou a desprazarse de mezzosoprano a contralto. As súas composicións de piano e guitarra tamén creceron harmónica e ritmicamente, explorando o jazz uníndoo con influencias de rock and roll, R&B, música clásica e música do mundo. A finais da década de 1970 comezou a traballar con músicos de jazz como Jaco Pastorius, Wayne Shorter, Herbie Hancock, Pat Metheny ou Charles Mingus, que lle pediu que colaborase nas súas últimas gravacións. Máis adiante virou cara ao pop, abrazou a música electrónica e comprometeuse coa protesta política. En 2002 recibiu o premio á toda unha vida na 44.ª edición dos Grammy.
Mitchell é a única produtora acreditada na maioría dos seus discos, incluíndo todos os seus álbums da década de 1970. Crítica coa industria musical, deixou de facer xiras e publicou o seu disco número 17, e supostamente último con cancións orixinais en 2007. Con raíces na arte visual, Mitchell deseñou a maioría das carátulas dos seus álbums e descríbese como unha "pintora malograda polas circunstancias".
Discografía Álbums de estudio
1968: Song to a Seagull 1969: Clouds 1970: Ladies of the Canyon 1971: Blue 1972: For the Roses 1974: Court and Spark 1975: The Hissing of Summer Lawns 1976: Hejira 1977: Don Juan's Reckless Daughter 1979: Mingus 1982: Wild Things Run Fast 1985: Dog Eat Dog 1988: Chalk Mark in a Rain Storm 1991: Night Ride Home 1994: Turbulent Indigo 1998: Taming the Tiger 2000: Both Sides Now 2002: Travelogue 2007: Shine
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Páxina oficial Joni Mitchell's Secret – The full story of Mitchell giving up her daughter Kilauren Gibb (Kelly Dale Anderson) for adoption. The Emergence of Joni Mitchell – public radio special Joni Mitchell bio – Rock and Roll Hall of Fame Joni Mitchell: In Her Own Words at CBC.ca
Categoría:Compositores Categoría:Cantantes do Canadá Categoría:Nados en Alberta Categoría:Nados en 1943 Categoría:Personalidades do folk Categoría:Canadenses de ascendencia irlandesa Categoría:Canadenses de ascendencia escocesa Categoría:Cantautores