Dichen Lachman (en ), nada en Katmandú o 22 de febreiro de 1982, é unha actriz australiana, de ascendencia alemá e tibetana. Apareceu na serie Veciños interpretando a Katya Kinski, así como na serie de ciencia ficción creada por Joss Whedon Dollhouse, interpretando a personaxe de Sierra. Lachman intepretou a Suren no remake estadounidense Being Human. Lachman protagonizou o filme de 2014 Lust for Love e tivo un papel recorrente en Agents of S.H.I.E.L.D. como Jiaying. Lachman protagoniza o papel de Reileen Kawahara na serie de Netflix Altered Carbon, que foi estreada o 2 de febreiro de 2018.

Traxectoria Lachman (བདེ་ཆེན།) naceu en Katmandú, onde viviu até os oito anos de idade. Mudouse a Adelaida, Australia a finais da década de 1990 coa súa familia. A súa nai é tibetana e o seu pai é australiano de ascendencia alemá. Asistiu á escola primaria West Lake, á Gilles Street, ó instituto Norwood Morialta, ó St Mary's College, ó Annesley College e á Universidade de Adelaida. Lachman mudouse ós Ánxeles pouco despois de rematar o drama Veciños en 2007.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados en Katmandú Categoría:Australianos de ascendencia alemá Categoría:Australianos de ascendencia tibetana Categoría:Alumnos da Universidade de Adelaida