«Tant de peine» (en galego: «Tanta tristeza»), tamén coñecida como «Amours mortes», é unha canción composta por Jean-Pierre Kemmer e interpretada en francés por Danièle Dupré. Foi elixida para representar a Luxemburgo no Festival de Eurovisión de 1957 tras ser seleccionada internamente pola emisora luxemburguesa Télé-Luxembourg.

Festival de Eurovisión 1957 Selección «Tant de peine» foi seleccionada para representar a Luxemburgo no Festival de Eurovisión 1957 pola emisora luxemburguesa Télé-Luxembourg.

No festival A canción participou no festival celebrado no Großer Sendesaal des Hessischen Rundfunks de Frankfurt o 3 de marzo de 1957, sendo interpretada pola cantante francesa Danièle Dupré. A orquestra foi dirixida por Willy Berking.

Foi interpretada en segundo lugar, seguindo a Bélxica con Bobbejaan Schoepen interpretando «Straatdeuntje» e precedendo ao Reino Unido con Patricia Bredin interpretando «All». Ao final das votacións, a canción recibiu 8 puntos, obtendo o cuarto posto de 10 xunto a Alemaña.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Luxemburgo no Festival de Eurovisión

Categoría:Cancións en lingua francesa Categoría:Cancións de 1957 Categoría:Cancións de Eurovisión 1957 Categoría:Cancións de Luxemburgo en Eurovisión