«Mon amour pour toi» (en galego: «O meu amor por ti») é unha canción composta por Jack Say e interpretada en francés por Fud Leclerc. Lanzouse como sinxelo en 1960 mediante Fontana. Foi elixida para representar a Bélxica no Festival de Eurovisión de 1960 tras gaña-la final nacional belga.

Festival de Eurovisión 1960 miniatura|esquerda|Fud Leclerc, intérprete da canción, en 1958. Selección «Mon amour pour toi» cualificouse para representar a Bélxica no Festival de Eurovisión 1960 tras gaña-la final nacional belga.

No festival A canción participou no festival celebrado no Royal Festival Hall o 29 de marzo de 1960, sendo interpretada polo cantante belga Fud Leclerc. A orquestra foi dirixida por Henri Segers.

Foi interpretada en quinto lugar, seguindo a Dinamarca con Katy Bødtger interpretando «Det var en yndig tid» e precedendo a Noruega con Nora Brockstedt interpretando «Voi, Voi». Ao final das votacións, a canción recibiu 9 puntos, obtendo o sexto posto de 13.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Bélxica no Festival de Eurovisión

Categoría:Cancións en lingua francesa Categoría:Cancións de 1960 Categoría:Sinxelos de 1960 Categoría:Cancións de Eurovisión 1960 Categoría:Cancións de Bélxica en Eurovisión