Luis de Vivero, foi un poeta galego., Enrique. "Vivero, Luis de". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.

Traxectoria Luis de Vivero foi un poeta do século XV da familia dos Vivero, e Hernando del Castillo cítao no seu cancioneiro.

A súa composición Guerra de amor, foi destacada por Antonio López Ferreiro como unha das súas mellores obra, e dela Benito Varela Jácome tamén di que están escritos con soltura, expresados perfectamente en versos que encerran certo eco dos cancioneiros galegos e o ritmo musical dunha tonada popular.Tradución do orixinal en castelán: "están escritos con soltura, expresados perfectamente en versos que encierran cierto eco de los cancioneros gallegos y el ritmo musical de una tonada popular.

Tamén compuxo diferentes coplas e cancións.

Outra das súas obras foi Diálogo con la tristeza.

Menéndez Pelayo eloxiou ó vizconde de Altamira, pero dixo que ''quizais o avantaxou en dotes poéticos outro cabaleiro de Galicia [...]. Chamábase o tal don Luis de Vivero, e o "Cancionero" contén moi lúcidas mostras do seu nume, especialmente a composición alegórica "Guerra de amor" [...].

Notas

Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes