Esperanza Gómez González, nada en Vilachá de Salvadur (A Pobra do Brollón) cara a 1894, foi unha labrega e política galega.

Traxectoria Labrega, en 1936 estaba viúva e tiña sete fillos. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detida no cárcere de Monforte de Lemos o 13 de febreiro de 1938. Foi xulgada en consello de guerra en Lugo o 15 de xuño de 1938 acusada de auxilio á rebelión e condenada a quince anos e un día de reclusión tempoal. O 26 de marzo de 1940 foi trasladada a prisión de Tarragona. Despois pasou á Prisión Provincial de Mulleres de Barcelona, de onde saíu en liberdade condicional en 1943.BOE, 18-8-1943, p. 8027.. En 1937 abríronlle expediente de responsabilidades políticas e foi condenada en 1941 a unha sanción de 100 pesetas. Fóronlle embargados os bens para pagar a sanción.BOE, 4-5-1942, p. 2146.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados na Pobra do Brollón Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes