Catalina Angélica González Cano, máis coñecida como Angélica Liddell Zoo, nada en Figueres en 1966, é unha escritora, directora de escena e actriz española que recibiu numerosos premios, entre os que destaca o Nacional de Literatura Dramática, o Leone d'Argento (León de Prata) da Bienal de Teatro de Venecia 2012 e o Premio Leteo 2016.Rosana Torres Angélica Liddell, premio Nacional de Literatura Dramática, El País, 05.11.2012; acceso 06.11.2012 En 2017 foi nomeada Chevalier de l'ordre des Arts et des Lettres polo Ministerio de Cultura da República Francesa.
Traxectoria Foi bautizada na mesma pía que o pintor Salvador Dalí e viviu até os sete anos en Figueres. De nena escribía historias tráxicas, unha maneira de fuxir da soidade de filla única que vivía nos cuarteis a onde a levaba a carreira do seu pai militar.Brigitte Salino. Une Espagnole en colère, Angélica Liddell, entre au Festival d'Avignon, Le Monde, 12.07.2010, en francés; acceso 20.08.2013
Tomou o apelido Liddell de Alicia Liddell, inspiración do escritor Lewis Carroll para a súa obra Alicia no país das marabillas (1865).
Ingresou no Conservatorio de Madrid, que abandonaría tras decepcionarse cos profesores e a institución, para despois licenciarse en Psicoloxía e Arte Dramática.Brigitte Salino. Une Espagnole en colère, Angélica Liddell, entre au Festival d'Avignon, Le Monde, 12.07.2010, en francés; acceso 20.08.2013 Como dramaturga, debutou en 1988 coa peza Greta quiere suicidarse, co que gañou o primeiro premio dos moitos que despois recibiría.Liddell en Parnaseo, s/f; acceso 06.11.2012 En 1993 fundou, con Gumersindo Puche, Atra Bilis, compañía coa que montou numerosas obras. Tamén escribiu narrativa e poesía,e realizou performances.Rosana Torres Angélica Liddell, premio Nacional de Literatura Dramática, El País, 05.11.2012; acceso 06.11.2012
En 2010, acudiu por primeira vez ao Festival de Aviñón, onde levou dúas pezas, El año de Ricardo e La casa de la fuerza, obra na que se autolesionaba con cortes no corpo e coa que gañaría o Premio Nacional de Literatura Dramática en 2012. En Aviñón «foi recibida co público en pé».Rosana Torres. Angélica Liddell: "Odio mucho y adoro la venganza", El País, 21.05.2011; acceso 06.11.2012 As cinco representacións que de La casa de la fuerza se fixeron no Théâtre de l'Odéon (Teatro do Odeón) de París foron tamén recibidas con ovacións en pé. En 2013, presentou no Odeón de París, dentro do Festival de Outono da capital francesa, El síndrome de Wendy, obra que alcanzou igual éxito.
Valoración Entre os autores teatrais contemporáneos xurdidos a partir dos anos 1980, Angélica Liddell é un dos nomes máis valorados, como o demostran os variados galardóns co que foi premiada. O seu teatro, que foxe de toda dramaturxia convencional, tende a mostrar os aspectos máis escuros da realidade contemporánea: o sexo e a morte, a violencia e o poder, a tolemia... Os mitos antigos e modernos son algúns dos temas obsesivos da súa escritura.
No xornal El País, Javier Vallejo afirma que «Angélica Liddell autorretrátase sen pudor, como Frida Kahlo ou Charley Toorop. Na súa páxina web colga periodicamente fotos tomadas na súa casa ou en cuartos de hotel onde, vestida, espida ou disfrazada, transmite soidade, desasosego e algún lóstrego de felicidade repentina» e, co gallo da representación de Maldito sea el hombre que confía en el hombre, un projet d'alphabétisation (2011), agrega: «Aínda que é autora recoñecida, Angélica cativa, sobre todo, pola maneira feroz en que defende os seus textos sobre as táboas: da palabra fai unha baioneta calada. Cando carga con ela non hai quen se lle resista. Fráxil, miúda, en escena parece San Xurxo e o dragón metidos nun só corpo. Produce empatía e espanto».Javier Vallejo. Angélica o la cabeza en el vientre, El País, 22.05.2011; acceso 06.11.2012
As súas obras foron traducidas a máis de dez idiomas e levadas a escena en diversos países de Europa e América.
Principios teóricos e estéticos A dramaturga e directora de escena Angélica Liddell desentraña a relación entre o sacrificio e o poético na súa práctica teatral. Aclara esta relación nunha serie de conferencias, desde un punto de vista teórico, no volume El sacrificio como acto poético.
A noción de artista Para Liddell, arte e vida, escritura e biografía, creación poética e reflexión teórica manteñen nexos á vez evidentes e complexos. Separar as diferentes formas de expresión elixidas pola dramaturga ao longo do seu percorrido teatral é difícil.
A noción de violencia A violencia, tan explícita nas súas obras, adquire unha dimensión mitolóxica, porque afonda no máis profundo da condición humana e lévanos directamente ás nosas pulsións máis innomeábeis.
A noción de sacrificio En «Abraham y el sacrificio dramático», apartado oitavo da súa colección de ensaios El sacrificio como acto poético, Liddell fai unha reflexión ao redor da figura de Abraham, ao que Deus lle pide que sacrifique o seu fillo Isaac para probar a súa fe. Abraham, a pesar de que o mandato é desconcertante, pois supón transgredir as leis dos homes e mesmo a lei divina posto que Deus repudia os sacrificios humanos, leva o seu fillo ao monte Moriah para entregalo. No último momento, aparece un anxo para impedir o sacrificio. Este mito tivo multitude de explicacións teóricas, aínda que Liddell destaca a de Kierkegaard.
O sacrificio é por tanto exceso, belo exceso. Exceso liberador, exceso que pon en evidencia a represión dunha sociedade. O sacrificio é un asasinato en suspenso, está por tanto, por riba da ética.
A noción do sagrado En «Quiero ser la locura de Dios (El desafío a la razón por parte de lo sagrado. La energía originaria)», apartado undécimo do sacrificio como acto poético, Liddell reflexiona sobre a distorsión do real (razón) a favor dunha experiencia delirante (o espírito). Asociando esta distorsión ao estado de namoramento, que atopa a súa mellor expresión na poética relixiosa (Santa Tareixa de Ávila), intimamente relacionado coa adoración ao amado (Deus).
Postas en escena
El jardín de las Mandrágoras, 1991; estreada o 27 de maio de 1993, na sala Ensayo 100 de Madrid baixo a dirección de Liddell Dolorosa, 1994
miniatura|300px|Angélica Liddell : You are my destiny (Lo stupro di Lucrezia)
Frankenstein, estreada o 8 de xaneiro de 1998 na Sala Cuarta Pared de Madrid La falsa suicida, estreada o 7 de xeneiro de 2000, na Sala Cuarta Pared de Madrid El matrimonio Palavrakis, 2001 Once upon a time in West Asphixia, 2002 Hysteria Passio, 2003 "Lesiones Incompatibles con la vida", 2003 Y los peces salieron a combatir contra los hombres, 2003 Y cómo no se pudrió Blancanieves, 2005 El año de Ricardo, 2005 Boxeo para células y planetas, 2006 Perro muerto en tintorería: los fuertes, 2007 "Broken blossoms", 2007 Yo no soy bonita, 2007 Anfaegtelse, 2008 Te haré invencible con mi derrota, 2009 La casa de la fuerza, 2009 Maldito sea el hombre que confía en el hombre: Un proyecto de alfabetización, 2011, espectáculo coproducido polos festivais de Outono e de Aviñón. É a primeira peza da súa triloxía dedicada a China Ping Pang Qiu, 2ª peza da triloxía chinesa, 2012 "San Jerónimo", 2012 Todo el cielo sobre la tierra (el síndrome de Wendy), 3ª peza da triloxía chinesa, 2013 Tandy 2014, do Ciclo de las resurrecciones. You are my destiny (Lo stupro di Lucrezia) 2014, do Ciclo de las resurrecciones. "Primera carta de San Pablo a los corintios" 2015 do Ciclo de las resurrecciones. "Esta breve tragedia de la carne" 2015 da Triloxía do infinito "Misteri e fuoco sulla via Francigena" 2015 "El orgullo de la nada" 2016 "¿Qué haré yo con esta espada?" 2016 da Triloxía do infinito "El Decameron" 2016 "Toter hund in der chemischen reiningung: die starken" (coa compañía Schaubuhne de Berlín) 2017 "Génesis 6, 6-7" 2017 da Triloxía do infinito Esta breve tragedia de la carne (This Brief Tragedy of the Flesh), 2018. Alexander Kasser Theater (Nova Jersey, NJ - Estados Unidos) Una costilla sobre la mesa: padre, 2021
Obras publicadas
Teatro
Haemorroísa, revista Ophelia, 2002 Lesiones incompatibles con la vida, editorial Dúplex, 2003 Tríptico de la aflicción, revista Acotaciones, 2004, da Real Escuela Superior de Arte Dramático Mi relación con la comida, Sociedad General de Autores, 2005 Cuarteto para el fin del tiempo. El año de Ricardo, Caja España, 2006 Trilogía. Actos de resistencia contra la muerte, Editorial Artezblai, 2007; contén Y los peces salieron a combatir contra los hombres, Y como no se pudrió... Blancanieves e El año de Ricardo Belgrado. Canta lengua el misterio del cuerpo glorioso, Artezblai, 2008 La desobediencia, hágase en mi vientre, Pliegos de teatro y danza Nº 26, Aflera Producciones, S.L, 2008. Inclúe cinco textos escritos entre 2003 e 2008: Lesiones incompatibles con la vida (2003), Broken Blossoms (2004), Yo no soy bonita (2005), Enero (2006-2008) e Ni siquiera el fuego goza de buena salud (2007-2008) Perro muerto en tintorería: los fuertes; Caos Editorial, 2009. Dead Dog at Dry Cleaners: The Strong. Perro muerto en tintorería, en Denis Diderot El sobrino de Rameau; Nórdica, 2008 Frankenstein y la historia es la domadora del sufrimiento, Eugenio Cano editor, 2009 Monólogo necesario para la extinción de Nubila Wahlheim y extinción, Artezblai, 2009 La casa de la fuerza. Te haré invencible con mi derrota. Anfaegtelse, Ediciones La Uña Rota, 2011 Le jour que je suis tombée amourense de la voix de Pascal Rambert. Antes de los 13 ya habré leído a Wittgenstein, editorial Dramangular, 2011 Tríptico de la aflicción. Lesiones incompatibles con la vida, Artezblai, 2011 Maldito sea el hombre que confía en el hombre, un projet d'alphabétisation, Artezblai, 2011 El centro del mundo, Ediciones la Uña Rota, 2014 Ciclo de las resurrecciones, Ediciones La Uña Rota , 2015 "El sacrificio como acto poético", Ediciones Contintametienes 2014 "Via Lucis", Ediciones Contintametienes 2015 ¿Qué haré yo con esta espada?, Ediciones La Uña Rota , 2016 Trilogía del Infinito, Ediciones La Uña Rota , 2016
Poesía
Los deseos en Amherst, Ediciones Trashumantes, 2008 Una costilla sobre la mesa, Ediciones La Uña Rota, 2018
Premios
Premio Ciudad de Alcorcón por Greta quiere suicidarse X Certame de Relatos Imágenes de Mujer do Concello de León polo conto Camisones para morir Premio de Dramaturxia Innovadora Casa de América 2003 por Nubila Wahlheim Premio SGAE de Teatro 2004 por Mi relación con la comida Premio Ojo Crítico Segundo Milenio 2005 en recoñecemento da súa traxectoria Premio Notodo do Público ao Mellor Espectáculo 2007 por Perro muerto en tintorería: los fuertes Premios Valle Inclán de Teatro (2007), por El año de Ricardo Accésit do Premio Lope de Vega 2007 por Belgrado Premio Sebatiá Gasch de Artes Parateatrales 2011 Premio Nacional de Literatura Dramática 2012 por La casa de la fuerza León de prata da Bienal de Teatro de Venecia 2013 Premio Leteo 2016
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Páxina oficial de Liddell Autorretratos. Angélica Liddell Calendario de Liddell Texto de El matrimonio Palavrakis Páxina Virtual de Artes Escénicas desde onde se poden descargar os textos dunha ducia de pezas de Liddell Tese de doutoramento de Ana Vidal Egea sobre o teatro de Liddell Texto da obra Perro muerto en tintoreria: los fuertes editado por Caos Editorial como libro electrónico Texto da obra Perro muerto en tintoreria: los fuertes traducido ao inglés por Simon Breden co título de Dead Dog at Dry Cleaners: The Strong e editado por Caos Editorial como libro electrónico
Categoría:Nados en Figueres Categoría:Nados en 1966 Categoría:Dramaturgos de España Categoría:Actores de teatro de Cataluña Categoría:Dramaturgos en lingua castelá