As linguas de oïl, tamén coñecidas como as linguas francesas, son un continuo dialectal que inclúe o francés estándar e os seus parentes autóctonos máis achegados historicamente, os cales son falados na metade norte de Francia, no sur de Bélxica e nas Illas da Canle. Pertencen á categoría de linguas galorrománicas, as cales tamén inclúen as linguas históricas do centro-leste de Francia e oeste de Suíza, Occitania, o norte de Italia e a Península Ibérica.

Os lingüistas dividen as linguas románicas de Francia, e en especial, da Francia medieval, en dous subgrupos xeográficos, as linguas de oïl do norte, e as linguas de oc do sur de Francia (ámbolos dous grupos son chamadas así pola palabra que empregan para dicir "si").

Véxase tamén Bibliografía Paroles d'Oïl, Défense et promotion des Langues d'Oïl, Mougon 1994, Les langues régionales, Jean Sibille, 2000,