María Patrocinio Armesto Alonso, nada en Alcañices (Zamora) en 1906 foi unha química vinculada a Galicia e pertencente ao Instituto Nacional de Física y Química (INFQ).

Traxectoria Realizou os estudos de bacharelato en Ourense e proseguiu os estudos superiores na Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela licenciándose en 1927. Posteriormente trasladouse a Madrid para continuar a súa formación na Facultade de Ciencias da Universidade Central.

Foi colaboradora do Instituto Nacional de Física y Química, situado no edificio Rockefeller, na sección de electroquímica dirixida por Julio Guzmán.Pintos (2016) Tamén aparece como socia da Sociedade Española de Física e Química, publicando 27 traballos nos Anales da SEFQ.

Traballou como profesora de ensino medio de Ciencias Naturais do Instituto Cisneros e doutros centros, entre eles o de Pontevedra, Tui e Ourense, atopándose no curso 1942/1943 como encargada de curso neste último.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Cid Galante, Rosa María (2004). "As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria (1900-1940) (II)1". Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía (12): 73–102. ISSN 1131-5989. Pintos, Xoana (2016): "As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960". Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela. Pintos Barral, Xoana (2021). Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros. Editorial Galaxia. Ligazóns externas María del Patrocinio Armesto Alonso en Historia das nosas mulleres Ourensás.

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en 1906 Categoría:Químicos de España Categoría:Profesores de educación secundaria