A reserva de fauna de Dja (en ) é un sitio Patrimonio da Humanidade que se atopa no sur do Camerún. Foi declarado pola UNESCO ano ano 1987. Os motivos para a súa inscrición inclúen a biodiversidade de especies presentes no parque, a presenza de cinco especies ameazadas de mamíferos, e a falta de perturbación dentro do parque. Está xestionado por Servizo de Conservación de Dja, que está dirixido por un conservador. A reserva recibe un apoio significativo para a súa xestión de moitos proxectos financiados por socios internacionais e defensores da conservación no Camerún.

Xeoloxía O río Dja rodea case por completo a reserva e forma un límite natural de 560 000 ha.

Historia miniatura|esquerda|Porta de acceso A Reserva de Fauna do Dja creouse en 1950 e converteuse en Patrimonio da Humanidade en 1987 e forma parte integral das densas selvas tropicais que conforman a bacía do Congo. É unha das reservas máis grandes e mellor protexidas dentro das zonas de selva tropical de África, con arredor do 90 % da súa área intacta. A Reserva de Fauna do Dja é especialmente notable pola diversidade de especies de primates que protexe, incluíndo o Cercocebus torquatus, o mandril, o dril, o Gorilla gorilla gorilla e o chimpancé. Limita coa reserva congolesa do Parque Nacional de Odzala-Kokoua e co Parque Nacional de Minkébé gabonés para formar a área TRIDOM, unha zona importante para a protección do hábitat da selva tropical africana da conca do Congo.

Notas

Véxase tamén

Outrso artigos Patrimonio da Humanidade no Camerún

Ligazóns externas

Categoría:Patrimonio da Humanidade no Camerún Categoría:Áreas protexidas do Camerún