O Parque Nacional de Morne Trois Pitons é un parque nacional en Dominica estabelecido en xullo de 1975, o primeiro en ser legalmente estabelecido no país. Converteuse en Patrimonio da Humanidade en 1997. O parque recibe o nome da súa montaña máis alta, Morne Trois Pitons, que significa montaña dos tres picos. O parque é unha zona de importante actividade volcánica. Entre as características do parque inclúense o Val da Desolación, unha rexión de estanques de barro fervendo e pequenos géyseres, o lago Boiling, a garganta de Titou, e a Piscina Esmeralda. A montaña é o segundo pico máis alto de Dominica, sendo superado só por Morne Diablotins (1.447 m).

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do Parque Nacional de Morne Trois Pitons na web da UNESCO

Categoría:Parques nacionais de Dominica Categoría:Áreas protexidas establecidas en 1975 Categoría:Patrimonio da Humanidade en Dominica