Willaq Pirqa é un filme peruano de 2022 en lingua quechua dirixido por César Galindo e escrito por Galindo, Augusto Cabada e Gastón Vizcarra. Conta a historia de Sistu, un mozo de 13 anos que vive nunha comunidade en Cuzco, que descobre a maxia do cinema, mais a barreira da lingua impide que os habitantes poidan gozar cos filmes.
Sinopse Sistu e a súa pequena comunidade quechua dunha aldea nos Andes descobren a maxia do cinema. Este encontro causa rebumbio mais tamén os confronta coa súa cultura e salienta as limitacións da comunidade para entender e ler en castelán. Como solución, elixen a Sistu para que cada semana vaia á vila a ver un filme e llelo conte a todos na praza. Un día atopa a praza baleira, xa que o cinema marchou, afectando á ilusión de Sistu por contar a historia semanal á xente que o agarda. Por iso, decide facer o seu propio cinema, cos seus propios actores, coa súa propia cultura e sobre todo, na súa propia lingua.
Personaxes Os actores que participaron neste filme son: Víctor Acuario como Sistu Hermelinda Luján como Mamá Simona Melisa Álvarez como Lucicha Alder Yaurisaca como Florencio Cosme Flores como Rolín Bernando Rosado como proxeccionista
Estrea Willaq Pirqa estreouse na 26ª edición do Festival de Cinema de Lima en agosto de 2022. Estreouse nos cinemas do Perú o 8 de decembro de 2022.
Notas
Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua quechua Categoría:Filmes do Perú Categoría:Filmes rodados no Perú Categoría:Filmes ambientados no Perú