A Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina é unha agrupación constituída en 1937 por sociedades galegas da Arxentina. Historia miniatura|300px|Cabeceira dun número de Galicia de 1954. A loita entre nacionalistas e non nacionalistas provocou a ruptura da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales en 1929 e a creación da Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires, de orientación socialista. Ambas as federacións mantivéronse enfrontadas ata que se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 en España. A partir dese momento Antonio Alonso Pérez convocou varias reunións secretas para tratar a unificación da Federación ante a gravidade dos acontecementos. Os dirixentes das dúas federacións impulsaron o 24 de outubro de 1936 a realización dun congreso de emerxencia para tratar a fusión de ambas as federacións.

O Congreso Constituínte de Unificación e Aprobación da Carta Orgánica desenvolveuse o 27 e 28 de febreiro e o 1 de marzo de 1937. Nel aprobouse a continuidade de Galicia como órgano de prensa da Federación unificada.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Federación de Sociedades Galegas na Enciclopedia da emigración galega.

Categoría:Sociedades de emigrantes

Categoría:Buenos Aires