O cupeño é unha lingua morta da familia uto-azteca, a cal foi falada anteriormente polo pobo cupeño do sur de California. Roscinda Nolasquez (finada en 1987) foi a derradeira falante nativa de cupeño. O pobo cupeño fala exclusivamente inglés. O nome nativo da lingua, kupangaxwicham, quere dicir 'xente do lugar para durmir' referíndose á súa terra natal tradicional, anterior a 1902, de Ktipa (na base de Warner's Hot Springs). Unha aldea máis pequena estaba situada ao sur de Ktipa, chamada Wildkalpa. O cupeño está clasificado como morta polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Ao longo da década de 1890 debateuse sobre se se debería ou non permitir que os cupeños seguisen vivindo no territorio tradicional cupeño. Despois de moitos anos de protestas públicas, a Corte Suprema de California decidiu trasladar o pobo cupeño á reserva de Pala.

O cupeño ten influencia lingüística tanto das linguas que o precederon como das yumanas faladas polos ipai, que comparten a súa fronteira sur.

Notas

Categoría:Linguas mortas de América do Norte Categoría:Linguas tákicas Categoría:Linguas aglutinantes Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América