KhalifaSat, nomeado inicialmente como DubaiSat 3, é un satélite artificial de Emiratos Árabes Unidos lanzado o 29 de outubro de 2018 mediante un foguete H-2A desde o Centro Espacial de Tanegashima.
Características KhalifaSat é o terceiro satélite de observación terrestre dos Emiratos Árabes Unidos. Comezou a ser desenvolvido en Corea do Sur para logo ser transferido á Institución para o Avance da Ciencia e da Tecnoloxía dos Emiratos Árabes Unidos (EIAST). Foi o primeiro satélite en ser completado nos Emiratos e está baseado no DubaiSat 2, usando o bus SI-300, cunha masa de 330 kg. O satélite ten unha resolución de ata 70 cm desde unha órbita duns 600 km.
Notas
Véxase tamén Outros artigos H-2A
Categoría:Satélites artificiais