Oliver Christian Bosbyshell, nado en Vicksburg, Mississippi, o 3 de xaneiro de 1839 e finado en Filadelfia o 1 de agosto de 1921, foi un militar e alto funcionario estadounidense, participante na guerra civil do seu país, que ocupou o cargo de superintendente da Casa da Moeda de Filadelfia entre 1889 e 1894.

Bosbyshell asumiu a causa da Unión ao estoupar a guerra civil e, logo de participar en varias batallas, acadou o rango de comandante e dirixiu o seu propio rexemento.

Logo de abandonar o exército en 1864, emprendeu dous negocios sen éxito e tamén participou en política do lado dos republicanos, e nas actividades do Gran Exército da República, un grupo de veteranos.

En 1869 ingresou na Casa da Moeda de Filadelfia, na que foi nomeado cuñador xefe en 1876 e superintendente en 1889, posto que ocupou durante catro anos. No exercicio deste cargo viuse afectado por unha controversia pola desaparición de lingotes de ouro, aínda que finalmente foi liberado de calquera responsabilidade.

Nos seus derradeiros anos de vida exerceu tamén como directivo dunha compañía de seguros.

Traxectoria

Primeiros anos e guerra civil Oliver Christian Bosbyshell naceu en Vicksburg, Mississippi, o 3 de xaneiro de 1839, fillo de Mary Ann Whitney e de Oliver Christian Bosbyshell. Ambos eran procedentes de antigas familias de Filadelfia e fixaran temporalmente a súa residencia familiar en Vicksburg. O pai de Oliver, comisionista, contraeu bronquite mentres loitaba contra un incendio que destruíu o seu almacén e morreu en Filadelfia oito meses antes do nacemento de Oliver, logo de realizar unha viaxe por mar coa esperanza de recuperar a saúde. A súa nai e Oliver regresaron daquela de Mississippi á casa do seu pai no condado de Schuylkill, en Pensilvania. Oliver creceu alí e asistiu ás escolas públicas locais. Aos 15 anos deixou a escola para traballar como mensaxeiro telegráfico e durante os tres anos seguintes desempeñou varios traballos nese campo antes de se decidir pola avogacía. Primeiro preparouse co avogado Francis W. Hugbee e despois co seu tío, William Whitney, ambos en Pottsville. Oliver Bosbyshel era aínda un estudante en 1861, cando estoupou a guerra civil nos Estados Unidos.Encyclopaedia [...] (1898). Páxina 29.Leonard, J. W. (ed.) (1908). Páxina 86.Bosbyshell, Oliver C. (1910). Páxina 3.

O 15 de abril de 1861, o presidente Abraham Lincoln convocou a 50.000 voluntarios para loitar por preservar a Unión. O día seguinte, Bosbyshell uniuse aos Artilleiros de Washington, unha compañía da milicia local, que partiu axiña cara a Washington. No camiño, a compañía tivo que marchar polas rúas de Baltimore o 17 de abril. Xuntouse unha multitude hostil de simpatizantes confederados. Segundo o que el mesmo relatou, foi alcanzado por un proxectil descrito como unha pedra ou un ladrillo. Afírmase que o soldado Bosbyshell foi o primeiro home ferido pola causa da Unión, en tanto que un servente alcanzado uns minutos máis tarde por un proxectil que lle rompeu a pel é considerado o primeiro home que verteu o seu sangue pola mesma causa.Evans, G. G. (1890). Páxinas 110-111. No entanto, os rexistros oficiais non inclúen a Bosbyshell entre as baixas da revolta de Baltimore."Bosbyshell,Oliver Christian". En Smith, P. (2020). Páxina 31.

En Washington, a compañía foi acuartelada na Galería das Damas da Cámara do Senado, no Capitolio. Os 350 soldados de Pensilvania que chegaron a Washington o 18 de abril pasaron a ser coñecidos como os Primeiros Defensores e, despois da guerra, os superviventes formaron unha asociación con ese nome. Mentres estaban aloxados no Capitolio, recibiron a visita do presidente Lincoln, o secretario de Estado William H. Seward e o secretario da Guerra Simon Cameron. Bosbyshell lembrou a Lincoln:Lockwood, J.; Lockwood, C. (2011). Páxina 103.

Os Artilleiros de Washington foron rebautizados como Compañía H do 25º de Voluntarios de Pensilvania, e foron enviados polo río Potomac a Fort Washington, Maryland, onde a compañía pasou tres meses reforzando as fortificacións. A Bosbyshell ofrecéuselle un posto de primeiro tenente no exército regular, que rexeitou, e declarou que prefería o servizo voluntario. Cando expirou o prazo de alistamento da compañía, Bosbyshell reincorporouse ás forzas da Unión como subtenente da Compañía G, 48º de Voluntarios de Pensilvania, para servir durante tres anos a partir do 1 de outubro de 1861.Encyclopaedia [...] (1898). Páxinas 29-30.Evans, G. G. (1890). Páxinas 111-112.miniatura|245x245px|Retrato de Oliver Bosbyshell co uniforme de comandante da 48ª compañía de voluntarios de Pensilvania (ca. 1864).Bosbyshell, O. (1895). The 48th in the War. Páxina 116 (bis). Durante aproximadamente un mes despois do seu reenganche, Bosbyshell foi oficial de recrutamento do rexemento en Harrisburg, mais o 11 de novembro saíu co seu rexemento de Fort Monroe, Virxinia, cara a Hatteras, en Carolina do Norte. Alí prestou servizo como axudante en funcións do seu rexemento e como xuíz defensor en consellos de guerra. Cando o xeneral Ambrose Burnside lanzou un ataque contra New Bern, levou consigo seis compañías do 48º, así como a Bosbyshell, aínda que a Compañía G non se incluíu entre as forzas da Unión. En abril e maio de 1862, Bosbyshell recibiu sucesivos ascensos a tenente primeiro e capitán, e foi asignado ao mando da súa compañía, o que fixo en batallas como Second Bull Run, Antietam e Fredericksburg. Despois de Fredericksburg, foi asignado de novo a servir en consellos de guerra; cando o rexemento foi trasladado ao oeste a principios de 1863, Bosbyshell foi asignado como mariscal preboste de Louisville, Kentucky. Mentres estaba destinado en Louisville, regresou a Pensilvania con permiso para casar con Martha Stem, filla dun ministro.Encyclopaedia [...] (1898). Páxinas 30-31.

Cando o rexemento recibiu a orde de ir a Tennessee en setembro de 1863 para participar nas accións da Unión alí, Bosbyshell foi nomeado axudante xeral en funcións da primeira brigada do noveno corpo, do que formaba parte o 48º. Loitou nas batallas de Blue Springs e de Campbell's Station, e participou no asedio de Knoxville. En 1864, regresou novamente a Pensilvania para axudar a reforzar o rexemento. De volta ao seu posto de brigada, dirixiu as tropas afroamericanas na campaña de Wilderness.Encyclopaedia [...] (1898). Páxina 30.

O 10 de xullo de 1864, Bosbyshell foi ascendido a comandante e ordenóuselle comandar o 48º, aínda que permaneceu temporalmente no seu posto de brigada. Nese momento, as forzas da Unión estaban a asediar Petersburg, ao sur da capital confederada, Richmond, en Virxinia. O comandante en funcións da 48ª, o tenente coronel Henry Pleasants, na súa vida civil enxeñeiro de minas, concibiu a idea de escavar baixo as liñas confederadas e facer estoupar unha bomba de gran potencia. Tras semanas de preparación, a bomba estoupou o 30 de xullo e creou un enorme foxo no chan e un oco nas liñas confederadas. Logo da conmoción inicial, os confederados recuperáronse e rexeitaron o intento de romper as liñas, axudados pola torpeza da Unión. Bosbyshell dirixiu as tropas afroamericanas que entraron en acción na Batalla do Cráter; sufriron máis de 400 baixas. Con Pleasants ascendido ao estado maior do xeneral Robert B. Potter, Bosbyshell tomou o mando do 48º o 2 de agosto de 1864.Bosbyshell, Oliver C. (1895). Páxinas 63-78.

Bosbyshell dirixiu as súas tropas en Globe Tavern e en Peebles's Farm. En setembro de 1864, solicitou un permiso para regresar a Pensilvania por asuntos persoais. Cando se lle denegou, e ao ter expirado o seu período de servizo de tres anos, foi licenciado o 1 de outubro de 1864.

Regreso a Pensilvania Tras regresar a Pottsville, Bosbyshell dedicouse primeiro á banca e despois ao comercio de libros e artigos de papelaría, sempre con malos resultados. No ámbito político, presentouse como republicano ás eleccións para protonotario do condado de Schuylkill en 1866, mais foi derrotado. miniatura|300x300px|A segunda sede da Casa da Moeda de Filadelfia (1833-1901)."Old U.S. Mint, Chestnut & Juniper Streets, Philadelphia". Library of the Congress. Pouco despois da guerra, fundouse o Gran Exército da República (GAR, polas súas siglas en inglés), un grupo de veteranos da Unión. Durante a campaña de Bosbyshell para se converter en protonotario, pedíuselle que organizase a rama do condado de Schuylkill, mais declinou a proposición por mor da súa condición de candidato. O ano seguinte, porén, uniuse á GAR e organizou o Posto 24 en Pottsville. Pouco despois converteuse en comandante de distrito do GAR do condado de Schuylkill, e en 1869 foi elixido comandante de departamento do GAR de Pensilvania.Evans, G. G. (1890). Páxinas 113-114.

En 1869, Bosbyshell foi contratado como responsable do Rexistro de Depósitos da Casa da Moeda de Filadelfia, e trasladouse a esa cidade. O daquela cuñador xefe, A. Loudon Snowden, ficou impresionado pola valía Bosbyshell e ascendeuno a cuñador adxunto en 1872. Cando Snowden deixou a Casa da Moeda para aceptar un posto como xefe de Correos en 1876, o presidente Ulysses Grant ascendeu a Bosbyshell como novo cuñador xefe no seu lugar.Evans, G. G. (1890). Páxinas 111, 113. Grant nomeou a Bosbyshell o 14 de decembro de 1876 e foi confirmado polo Senado o 26 de decembro.United States Senate (1901). Páxinas 335, 344. Segundo o historiador numismático Q. David Bowers, Bosbyshell, mentres ocupaba o posto de cuñador xefe, utilizou as instalacións da Casa da Moeda e algúns cuños obsoletos para cuñar en beneficio propio exemplares raros da moeda de ouro de tres dólares, entre elas as emisións de 1873, 1875 e 1876. Durante o mandato de Bosbyshell, coleccionistas e comerciantes con bos contactos fixéronse con grandes cantidades de exemplares cuñados como proba, ademais de recuñaxes e pezas cuñadas en diferentes metais, e Bosbyshell vendeu unha gran colección persoal deste tipo de pezas pouco despois de deixar o cargo.Bowers, Q. D. (2001). Páxina 92.

Bosbyshell exerceu como cuñador xefe ata principios de 1885, xa que coa chegada do primeiro Goberno de Grover Cleveland se nomearon demócratas como responsables da Casa da Moeda, e Bosbyshell conseguiu un posto como secretario xefe na oficina do interventor da cidade de Filadelfia. Bosbyshell foi contratado, malia ser republicano, nunha administración municipal gobernada por demócratas pola súa amizade co interventor Robert Dechert.Evans, G. G. (1890). Páxinas 114, 116.

Tras manter a súa participación na GAR, Bosbyshell encargouse do comité de organización do Décimo Campamento Nacional da GAR, celebrado en Filadelfia en 1876. En 1879, foi elixido comandante do Posto 2 desa cidade. Tamén se alistou no segundo rexemento da Garda Nacional de Pensilvania, e foi elixido comandante en 1878 e tenente coronel en 1880.

Superintendente da Ceca de Filadelfia miniatura|220x220px|Xilografía de Bosbyshell (1893) co uniforme da Garda Nacional de Pensilvania.Washington Evening Star. 4 de marzo de 1893. Páxina 2. O 17 de outubro de 1889, o presidente Benjamin Harrison comisionou a Bosbyshell como superintendente da Casa da Moeda de Filadelfia. Como o Senado non estaba reunido, Bosbyshell recibiu un nomeamento denominado "en receso", na lexislación estadounidense.United States Senate (1901-b-). Páxina 111. Bosbyshell xurou o seu cargo o 1 de novembro de 1889. No seu primeiro día de traballo, foi recibido cun ramo de flores e unha gran morea de cartas de solicitantes do cargo."In control of the mint". En The Philadelphia Record. 2 de novembro de 1889. Páxina 2. O 16 de decembro de 1889, co Senado en período de sesións, Harrison nomeou formalmente a Bosbyshell, e o día seguinte, o senador por Vermont Justin Morrill, en nome do Comité de Finanzas do Senado, ao que se remitira o nomeamento, recomendou que este fose confirmado.United States Senate (1901-b-). Páxina 197. O Senado fíxoo así, finalmente, o 19 de decembro.United States Senate (1901-b-). Páxinas 279-281.