Antonio Míguez Nogueiras, chamado Morete, nado en Vilar de Santos en 1958, é un político galego do Bloque Nacionalista Galego e alcalde de Vilar de Santos desde o ano 2022.
Traxectoria Traballador de mantemento da autovía A-52, debutou como concelleiro en Vilar de Santos en 1999, nas listas do BNG. No ano 2012 abandonou o partido incorporándose a Compromiso por Galicia, formación política coa que concorreu as eleccións municipais de 2015. Nos comicios do ano 2019 participou da candidatura independente Xuntos por Vilar de Santos, sendo escollido novamente concelleiro. En marzo de 2022 asumiu a alcaldía do concello diante da renuncia, por motivos persoais, do anterior alcalde Xoán Xardón. En xullo dese mesmo ano reincorporouse ao BNG. Con este partido presentouse as eleccións de 2023 obtendo a maioría absoluta. Dimitiu en febreiro de 2025, e o 22 de febreiro substituirao no cargo Rubén Colmenero, até entón tenente de alcalde.
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Eleccións municipais en Vilar de Santos
Ligazóns externas
Categoría:Alcaldes de Vilar de Santos Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Nados en Vilar de Santos Categoría:Nados en 1958 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes