Karina Sainz Borgo, nada en Caracas en 1982, é unha xornalista e escritora venezolana. Forma parte do que a crítica denominou a "literatura da diáspora venezolana" ou do "éxodo".

Traxectoria Karina Sainz Borgo naceu en Caracas, en 1982. Desde 2006 reside en España, onde chegou con 24 anos.

Traballou para medios como Vozpópuli, Zenda ou Onda Cero. Actualmente traballa como reporteira e columnista no xornal español ABC.

En 2019 publicou La hija de la española, a súa primeira novela, que foi un éxito sen precedentes na literatura venezolana e foi traducida en máis de vinte idiomas. A novela conta a historia de Adelaida Falcón, que, tras a morte da súa nai, trata de fuxir dun país que se desmorona. A revista estadounidense Time incluíu este título entre os 100 libros máis importantes do ano 2019. O escritor Fernando Aramburu resalta a "extraordinaria calidade de Sainz Borgo como novelista". Segundo o New York Times, a novela ten "ecos de Borges", nunha Venezuela que vive nun caos político. Thierry Clermont, en Le Figaro, considera que Sainz Borgo "publica unha primeira novela maxistral, saturada de violencia, de esperanza e de luz". Mentres que Florence Noiville, en Le Monde considera La hija de la española como unha bela e feroz primeira novela.

En 2021 publicou El Tercer País, onde revisita o mito de Antígona e o dereito fundamental que teñen os seres humanos a enterrar os seus mortos.

Xunto a autores como Keila Vall de la Ville, Rodrigo Blanco Calderón, Michelle Roche Rodríguez ou Camilo Pino, forma parte do que a crítica denominou a "literatura da diáspora venezolana" ou do "éxodo".

Obras Crónica Caracas hip-hop (Caracas, 2007) Cuatro reportajes, dos décadas, una historia: Tráfico y Guaire, el país y sus intelectuales (Fundación para la Cultura Urbana, 2007) Crónicas barbitúricas (Círculo de Tiza, 2019)

Novela La hija de la española (Lumen, 2019) El Tercer País (Lumen, 2021) La isla del Doctor Schubert (Lumen, 2023)

Premios Grand prix de l'héroïne Madame Figaro du roman étranger (2020) Nomeada ao LiBeraturpreis (2020) Finalista do Kulturhuset Stadsteatern Stockholm (2021) Longlist do Europese Literatuurprijs (2021) Premio O. Henry (2021)

Notas

Categoría:Nados en 1982 Categoría:Xornalistas de Venezuela Categoría:Novelistas de Venezuela Categoría:Escritores de Venezuela