O amazigh estándar marroquí (ⵜⴰⵎⴰⵣⵉⵖⵜ ⵜⴰⵏⴰⵡⴰⵢⵜ; tamaziɣt tanawayt) tamén coñecido como tamazight estándar marroquí, é unha lingua estandarizada desenvolvida polo Instituto Real da Cultura Amazigh (IRCAM) en Marrocos e que mestura características do shilha, o tamazight do Atlas central e do rifeño, as tres linguas bérberes faladas en Marrocos. É lingua oficial de Marrocos dende 2011.

O amazigh estándar marroquí denomínase normalmente como tamazight, amazigh ou bérber, aínda que estes termos tamén se poden usar para referirse a calquera outra lingua amazigh, ou ás linguas amazigh no seu conxunto, incluíndo aquelas fóra de Marrocos.

Historia No ano 1993, arredor do 40-60% dos marroquís falaba tamazight, ben fose tashelhit, tamazight do Atlas central ou tarifit, como lingua nai. Logo da independencia de Marrocos en 1956, os activistas amazigh comezaron a pedir unha maior inclusión do tamazight nos contextos oficiais e públicos. As asociacións culturais tamén comezaron a esixir a normalización do tamazight nos anos 80.

En 2001, anunciouse a creación do IRCAM e o seu papel no ensino do tamazight nas aulas. Este desenvolvemento requiriu a estandarización da escritura tamazight e a creación de dicionarios, libros de texto e materiais didácticos.

En 2011, a constitución marroquí foi modificada para incluír o tamazight como lingua oficial.

Desenvolvemento do estándar Para desenvolver o Amazigh estándar marroquí, o IRCAM analizou as fontes escritas do tashelhit, tamazight do Atlas central e tarifit. Neste proceso, engadíronse 3584 verbos ao vocabulario normalizado. Engadíronse como sinónimos palabras e estruturas sintácticas con idéntico significado en todas as linguas; por exemplo, tanto taddart, a palabra tamazight do Atlas Central para casa, como tigammi, a palabra tashelhit para casa, significan "casa" no amazigh marroquí estándar.

Para engadir palabras que non se atopan en tashelhit, tamazight do Atlas central ou tarifit, o IRCAM tomou prestadas das linguas amazigh de fóra de Marrocos cando foi posible e, ademais derivou unha nova palabra do léxico tamazight existente.

Ortografía

O tamazight escribiuse normalmente en alfabeto árabe, en alfabeto latino bérber ou alfabeto tifinagh. Como parte do proceso de normalización, en 2003, o IRCAM escolleu tifinagh, referíndose a el como neotifinagh, como a ortografía do amazigh estándar marroquí. A decisión foi controvertida tanto dentro como fóra do comité de decisión, xa que foi tomada por razóns políticas, máis que prácticas; a maioría dos marroquís falantes de tamazight non usan o tifinagh.

A versión de neotifinagh empregada polo IRCAM é lixeiramente diferente das outras versións. A partir de 2016, o uso do tifinagh restrinxiuse principalmente á sinalización pública e outros usos culturalmente visibles; non é moi utilizado na educación nin nos medios de comunicación.

Criticismo A adopción do tifinagh en 2003 foi recibida con críticas xeneralizadas, especialmente entre os activistas amazighs, que consideran que a elección é pouco práctica e limitante na promoción do tamazight. A maioría dos marroquís falantes de amazigh usan o alfabeto latino e non o tifinagh, e o alfabeto latino é a escritura oficial usada para as linguas amazigh fóra de Marrocos. Como resultado, a adopción do tifinagh considérase limitante tanto dentro de Marrocos como para conectar Marrocos coa cultura amazigh máis ampla no norte de África, e os críticos máis duros da decisión ven a decisión como unha estratexia intencionada do goberno. O lingüista Salem Chaker argumentou que a decisión era "perigosa" e tiña a intención de "[conducir] este período de transición da escritura e do ensino amazigh a un final sen saída". Porén, a maioría dos non activistas opuxéronse á adopción oficial do alfabeto latino para o amazigh, e unha enquisa de 2011 sinalou que o 45,5% dos enquisados coincidían en que o tifinagh era a escrita máis axeitada para representar o tamazigh.

Na práctica, aínda que os tres dialectos se usan nos libros de texto da escola primaria, o tashelhit parece ser a base principal da lingua empregada nos materiais en lingua amazigh estándar producidos polo Instituto Real da Cultura Amazigh, complementado por numerosos neoloxismos puristas. Isto levou a algúns críticos a argumentar que a "política lingüística" oficial de Marrocos está a marxinar os dialectos bérberes do norte e do leste do país, e convertendo tacitamente todos os dialectos bérberes de Marrocos en "non estándar", especialmente aqueles cuxos falantes non se identifican con ningún dos tres principais dialectos empregados polo IRCAM, como o "tamazight iznasen" do nordeste, o "tamazight senhaja-ktama" do norte, o tamazight do Atlas central, o tamazight de Figuig e o bérber do sueste.Criticism against Morocco's Royal Institute of Amazigh CultureCriticism against Morocco's Royal Institute of Amazigh Culture

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en amazigh estándar marroquí Ligazóns externas Amazigh estándar marroquí en Ethnologue

Categoría:Linguas estándares Categoría:Linguas de Marrocos Categoría:Linguas bérberes