A Cepa 121 (Geogemma barossii) é un microbio unicelular do dominio das Archaea. Descubriuse nas profundidades do océano Pacífico a 320 km da costa de Puget Sound (estado de Washington, EUA) preto dunha cheminea hidrotermal. É un organismo hipertermófilo que pode reproducirse a 121 °C, de aí o termo. No momento do seu descubrimento era a única forma de vida coñecida que puidese tolerar tan altas temperaturas. Unha temperatura de 130 °C é bioestática para a Cepa 121, o que significa que aínda que o seu crecemento quede detido, a arquea segue sendo viable e pode volver a reproducirse unha vez que se traslada a un medio máis "frío". A capacidade de crecer a 121 °C é significativa porque moitos equipamentos médicos son sometidos a esta temperatura para a súa esterilización en autoclave. Antes do descubrimento en 2003 da Cepa 121, críase que unha exposición de quince minutos a temperaturas de autoclave mataba todos os organismos vivos. Porén, a Cepa 121 non podería ser infecciosa para os humanos, porque non crece ás temperturas corporais de preto de 37 °C. A Cepa 121 metaboliza a redución do óxido de ferro.
A temperatura de crecemento máxima da Cepa 121 é 8 °C máis alta que a da marca anterior establecida por Pyrolobus fumarii (Tmax=113 °C). Porén, parece moi improbble que a Cepa 121 marque o límite máximo de tempertura de crecemento viable dun microorganismo. Pénsase que o verdadeiro límite máximo podería estar entre 140 e 150 °C, que é o rango de temperatura no que a reparación molecular e a resíntese se fan imposibles.Cowan, D. (2004). “The Upper Temperature for Life – Where Do We Draw the Line?” Trends in Microbiology (Regular Ed.), vol. 12, no. 2, Elsevier Ltd, pp. 58–60, https://doi.org/10.1016/j.tim.2003.12.002.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Methanopyrus kandleri Cepa 116
Ligazóns externas Guardian News Artigo de Science Daily NSF "Microbe from Depths Takes Life to Hottest Known Limit" How Hot is Too Hot for Earth-Style Life?
Categoría:Arqueas Categoría:Extremófilos