Gabriel de la Puerta y Ródenas y Magaña, nado en Mondéjar (Guadalaxara) o 16 de marzo de 1839 e finado en Madrid o 2 de xuño de 1908, foi un químico, farmacéutico, académico, profesor e político español.
Traxectoria Naceu o 16 de marzoGómez Pamo, 1910, p. 8. ou 18 de maioSánchez Ortiz y Berástegui, 1886, p. 275. de 1839 na localidade de Mondéjar en Guadalaxara. Graduouse no bacharelato en filosofía no Instituto de San Isidro de Madrid. Doutor en Farmacia, foi catedrático de Química e, a partir de 1900, decano da facultade de Farmacia da Universidade Central de Madrid.
Foi nomeado académico da Real Academia de Medicina en 1878, tamén ingresou en 1881 na Real Academia de Ciencias Exactas, e da de Farmacia, da que foi presidente.
Foi ministro de Sanidade e Instrución Pública, ademais de deputado ás Cortes polo Partido Progresista polo distrito de PastranaSánchez Ortiz y Berástegui, 1886, pp. 275-276 na lexislatura de 1881-1882 e na de 1886, e senadorOssorio y Bernard, 1903-1904, p. 359 pola Real Academia de Medicina en 1901 e 1902.
En 1903, participou como vicepresidente na creación da Sociedade Española de Física e Química, que recibiu en 1928, o título de "Real" por Afonso XIII, e a partir do ano 1904, foi o seu presidente.
Dirixiu o Monitor de Química e Farmacia (1857-1858) e foi redactor dos Anales de Química e Ciencias Auxiliares (1867-1870), ademais de colaborar en La Ilustración Católica, Restaurador Farmacéutico, Semanario Farmacéutico, Magisterio Español, Crónica de la Industria, El Glo
bo, Los Vinos y los Aceites, Revista de Conocimientos Útiles, La Farmacia Española, El Siglo Médico, Gente Nueva e Anales de la Sociedad Española de Física y Química.Gómez Pamo, 1910, pp. 24-26
Morreu en Madrid, foi soterrado no cemiterio de Santo Xusto.
Obra Esta é unha escolma das súas obras: Descripción y crítica de los procedimientos de obtención del tártaro emético, 1867. Madrid: Est. Tipográfico de T. Fortanet. Tratado práctico de determinación de plantas indígenas y cultivadas en España de uso medicinal, alimenticio e industrial, 1876. Madrid: T. Fortanet. Tratado de Química Orgánica, 2 vols., 1879. Madrid: Moya y Plaza. Botánica descriptiva y determinación de las plantas indígenas y cultivadas en España, 1891. Madrid: Imprenta de Nicolás Moya. Tratado de Química Inorgánica, 2 vols., 1896-1897. Madrid: Vda. de Hernando y Cía., Lecciones de química, 1903. Madrid: Librería de Perlado, Páez y Cía. Análisis del pimiento molido de Murcia, 1904. Madrid: Gaceta. Estudio químico y bacteriológico de las aguas potables, 1905. Madrid: Gaceta.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Nados en 1839 Categoría:Nados en Mondéjar Categoría:Finados en 1908 Categoría:Senadores de España Categoría:Académicos da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais Categoría:Químicos de España Categoría:Farmacéuticos de España Categoría:Alumnos da Universidade Central de Madrid Categoría:Catedráticos da Universidade Central de Madrid Categoría:Académicos da Real Academia Nacional de Farmacia