Ribadeo é un concello da provincia de Lugo, que pertence á comarca da Mariña Oriental. Segundo o IGE, a comezos de 2018 tiña 9 900 habitantes (en 2015, 9 929), despois de superar por primeira vez en 2011 a barreira dos 10 000 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «».
Xeografía miniatura|esquerda|Vista da illa Pancha, na parte galega da saída da ría de Ribadeo. Ó fondo, o mar Cantábrico. Á dereita, a ría.
Localízase no extremo nororiental da provincia; ó norte linda co mar Cantábrico (uns 15 km de costa), ó leste coa ría de Ribadeo, que o separa do concello asturiano de Castropol. No extremo sueste, en Porto (parroquia de Vilausende) limita co municipio asturiano da Veiga (con nome oficial A Veiga/Vegadeo). Esta beira oriental ten uns 15 km, dos que algo máis de 11 son de ría. Ó sur linda co municipio de Trabada en toda a súa extensión, uns 12 km. Ó oeste limita con Barreiros, ó longo duns 15 km. De leste a oeste, pola parte máis ancha, mide 12,75 km, e de norte a sur uns 10,5 km. As coordenadas xeográficas do Concello abranguen dos 43°27′40″ N ós 43°33′46″ N, e dende os 7°1′9″ O a 7°12′25″ O. Está asentado sobre terreos xistosos formados por lousais uniformes, con niveis de cuarcitas e areíscas atravesados por filóns de cuarzo e un esporádico afloramento eruptivo nas proximidades de Rinlo. alt=Placa altimétrica de Ribadeo, sita no interior da casa do Concello.|miniatura|Placa altimétrica de Ribadeo, sita no interior da casa do Concello. O seu relevo ten unha relativa suavidade e con penachos de cresterías de cuarcitas, que se resolven en dúas unidades morfolóxicas, perfectamente definidas: ó norte e sobre o mar, unha plataforma litoral, que corresponde á denominada rasa cantábrica, mentres que no resto do territorio presenta unha sucesión de outeiros, cuxa máxima altitude se sitúa ó redor dos 555 metros. Este aspecto orográfico xeral queda limitado por unha primeira aliñación setentrional constituída por elevacións que comezan cerca de Liñeira e continúa polo extremo oriental de Cereixido (308 m), Acebedo (314 m) ou Canoíños (335 m), entre outros, e unha segunda aliñación (zona occidental e meridional) que se forma cos cumios de Penalonga (509 m), Mondigo (571 m) e o Val das Eguas (438 m). Estas aliñacións montañosas actúan como divisoria de augas entre a cunca do Eo e os regatos que verten directamente ó mar Cantábrico.
miniatura|Vista da Pena Furada, na parte galega da ría de Ribadeo. Ó fondo, a enseada de Arnao, na parte asturiana da ría.
Montes {| |- style="vertical-align: top;" | Cereixido (308 m) A Coroa (367 m) Acebedo (314 m) Canoíños (335 m) Pico de Pastoriza (204 m) Fontes do Lobo (186 m) Santa Cruz (192 m; 150 m no miradoiro) Montes Vequeixo (378 m) Penalonga (509 m) </td> Mondigo (571 m) Foxas (198 m) A Capela (182 m) Vilar (205 m) Penedo Corvo (435 m) As Grandas (418 m) Val das Eguas (438 m)
Hidrografía A aba setentrional encóntrase percorrida por varios regatos que teñen os seus correspondentes nacementos nas ladeiras montañosas próximas á costa; a medida que esta rede fluvial se vai separando da divisoria de augas, os regatos descenden bruscamente cara á plataforma litoral, formando vales encaixados. A rede fluvial da zona meridional está formada por ríos de maior lonxitude que, dirixíndose cara ao leste, verten o seu caudal no río Eo ou na propia ría, accidente xeográfico procedente dun val fluvial que rompe a continuidade da plataforma de arrasamento, encaixándose nela por unha elevación costeira, por un descenso do nivel mariño, ou ben por un mecanismo de erosión remontante ó perde-la anchura a rasa polo retroceso cara a terra do acantilado.
Ríos Eo Grande (chamado Lexoso no seu curso alto) Moreira Portobragán Pequeno miniatura|Vista da Punta da Cruz, na parte asturiana da saída da ría, dende preto da Pena Furada, sobre a ría. Ó fondo, o mar Cantábrico. En primeiro termo, a ría.
Regatos Vilaselán Capela San Xián Perdón Esteiro Teixeiras Noceda Ferreira Xallán Deveiga
Praias O termo municipal ten varios areais e coídos ao longo do seu litoral, a maioría situados na franxa cantábrica, en mar aberto, mais tamén algunhas praias recolectas na propia ría. A continuación lístanse as principais de oeste a leste. Praia de Augas Santas (As Catedrais) Praia das Carricelas (As Catedrais) Praia de Esteiro Praia das Covas Coidal do Seborollo Praia das Illas Praia dos Castros (Marbadás) Praia de Xuncos Praia da Areosa Praia da Olga Praia de Rocas Brancas Praia do Cargadoiro Praia dos Bloques
Clima Ribadeo tivo unha estación meteorolóxica para toma de datos de pluviosidade e vento na Illa Pancha a finais dos anos 1920, e tamén dende aquela época ata a actualidade consérvanse datos completos aínda que descontinuos da Estación Meteorolóxica da Granxa Escola Pedro Murias.
Ribadeo posúe unhas características bastante similares ás das outras dúas comarcas que forman A Mariña lucense, con temperaturas suaves na costa (sendo a media de 14 °C na estación Pedro Murias de Vilaframil) e precipitacións medias durante todo o ano, cunha media de 1019 mm. Xa no interior, as temperaturas van descendendo e aumentan as precipitacións a medida que nos achegamos á montaña, cunha clara influencia nas condicións climatolóxicas dos ventos cantábricos, o que ocasiona unha oscilación térmica de 11,2 °C.
Flora Na vexetación referente, temos por un lado a típica vexetación dominante das marismas costeiras atlánticas (Zostera marina, Zostera noltii, xuncais e canaveiras), e por outra unha gran superficie forestal ocupada por eucaliptos e piñeiros.
Historia Antigüidade Ribadeo debe o seu nome o río Eo, xa que, segundo Isidoro Millán, procede de "ripa-de-uve", nome prelatino que significaría húmido, mollar ou bañar. O nome de Eo aparece no documento do rei Silo (ano 775), quizais o documento escrito máis antigo da Península, baixo a forma "IUBE". A pesar de que, como sucede na maioría das poboacións urbanas de Galicia, a vila de Ribadeo carece dunha historia actualizada e completa, podemos sinalar que grazas ós traballos de eruditos locais (San Julián e Francisco Lanza) e as investigacións dos séculos XVI-XIX, pode describirse unha estampa bastante satisfactoria do Ribadeo moderno, quedando a prehistoria, a historia antiga e a medieval un tanto descoñecidas.
miniatura|Vista do Parque do Cargadoiro. Está construído na zona que a principios do século XX ocupaba o depósito de mineral de ferro procedente de Viloudriz, cunha pasarela que era a ponte que actuaba de cargadoiro.
Os primeiros vestixios históricos son de orixe fenicia, un asentamento mineiro-comercial alá nos séculos XX a XVI a.C. Aínda que é probable a presenza posterior de cartaxineses e gregos, pola importancia do seu comercio en Galicia, non se dispón de datos da súa incidencia na ría. Non hai certeza sobre o grupo étnico celta que poboaba a zona, segundo algúns foron os eosios e para outros foron os cibarcos. Sexa como for, houberon recibir a visita dos romanos, pero non hai achados de restos das calzadas, fontes, templos etc., tan só pequenas pezas de cerámica, algunhas moedas etc. En resumo, a existencia dalgunha mámoa testemuña un poboamento temperán, ó igual que sucede cos numerosos castros e os achados de torques, que evidencian unha florecente cultura do bronce.
Dos primeiros séculos da nosa era cabe supoñer que a poboación celta-romana foi evolucionando dunha maneira similar a como se fixo no resto de Galicia. Máis adiante chegarían os suevos e parece ser que o declive foi bastante importante. Fálase de que un xenro de Paio de Asturias, chamado Afonso o Católico, repoboou Ribadeo quizais con refuxiados cristiáns que fuxían do avance musulmán. A igrexa de Ribadeo foi catedral ata o ano 918, no que Ordoño cambiou a sé a Mondoñedo, pero non duraría moito tempo.
Vestixios arqueolóxicos Destaca o asentamento paleolítico de Louselas (Vilaselán). Hai mámoas no monte Mondigo. Ademais, hai restos da fortaleza dos castros en Vilausende.
Hai castros en Vilaselán, Piñeira, A Devesa (aquí atópase unha praia co mesmo nome pola abundancia de restos que se atoparon, hoxe ocupados por unha construción), Vilausende, As Anzas e Arante. Hai restos de murallas e castelo na vila de Ribadeo.
Asemade cabería falar do Carneiro alado e doutros lugares aínda a investigar, como as marcas atopadas na rocha nas inmediacións de Pena Furada ou na enseada previa á Illa Pancha.
Idade Media miniatura|esquerda|Vista actual dunha antiga ponte sobre a vía abandonada do ferrocarril da liña Ribadeo - Viloudriz. O tramo actualmente forma parte do Camiño do Norte de Santiago de Compostela.Repoboada ou non por Afonso o Católico, o certo é que a mediados do século XII a vila asentábase na enseada da Vilavella, pois o primitivo núcleo de Cabanela e Porcillán foi abandonado fuxindo dos ataques dos hérulos e normandos nos séculos IX e X. Pero, realmente só a partir do século XII se pode falar dunha historia de Ribadeo con fundamento. Sobre o 1128 Afonso VII levou a cabo un reordenamento territorial, ampliando as terras do reguengo a costa das do bispo. Nesta data, no territorio que logo constituiría o alfoz de Ribadeo existían xa 21 parroquias, polo que esta zona era, conseguintemente, a principios do século XII, un lugar densamente poboado. De aí que Fernando II, no 1183, decidise crear unha vila, é dicir, eleva-lo rango de tal a un núcleo xa existente, outorgándolle unha carta de poboamento con varios privilexios, entre eles o da posibilidade de celebrar un mercado.
Tamén concede ó bispado de Mondoñedo os dereitos sobre o territorio dependente da igrexa de Santiago de Vigo, que chegaban ata o porto de San Xulián (Porcillán), onde comezaba Vilaselán. Os desexos da monarquía de favorece-la nova vila percíbense tamén no feito de que no ano 1202 se ampliou considerablemente o seu alfoz: ademais do mesmo foro, a vila recolleu, pouco a pouco, outros elementos característicos do ámbito urbano: igrexa colexiata, conventos de San Francisco e Santa Clara (séculos XIII-XIV), murallas (derrubadas no s. XVIII e das que queda unha torre do s. XIII). Os traballos de investigación de Fernando Alsina expoñen -para esta data- a ruralización das súas xentes, dedicadas en maior medida ó aproveitamento agropecuario e en menor medida á artesanía. A paisaxe para os séculos XIV e XV era máis alentador: explotación das súas fragas, cultivo da vide e exportacións comerciais. Máis precisas son as noticias referentes a fidalguía do núcleo, feito que condicionará o goberno da vila e o seu alfoz dende finais do século XV ata comezos do XIX. Hai que ter en conta que neste anos posteriores producíranse cambios na sé bispal entre Mondoñedo e Ribadeo, que acabarán no ano 1270, cando Nuno II conceda a Colexiata, que chegará ata e século XIX.
No 1369, a loita polo trono entre Pedro I o Cruel e Henrique de Trastámara, marcou un cambio de rumbo para Ribadeo, que de estar baixo protección real pasou a ser un condado, en mans dun francés, Pierre de Villaines (Pierre le Begue, segundo outros) que a recibe coma pago polos seus servizos o 20 de decembro de 1369. Ó pouco tempo, este vendería o condado a Rui López Davalos, que se converteu no II conde de Ribadeo e que caeu en desgraza ante o novo rei Xoán II, o cal se viu na obriga, a falta de descendencia por parte do conde, de dividir o condado; aínda que máis tarde volveuno a unir, despois de concederllo no ano 1431 a Rodrigo de Villandrando. Despois dunha sucesión de condes, o condado seguiu unificado ata que co casamento de Rodrigo de Silva e Sarmiento de Villandrando e a III dona da familia de Híjar, incorporouse ó condado da Casa de Híjar, ata o século XIX, no que, coa morte do XXIV conde de Ribadeo e XVI duque de Híjar, Afonso de Silva y Fernández de Córdoba (no ano 1955), pasou á Casa de Alba. A herdeira foi a súa neta Cayetana Fitz-James Stuart y Silva, XXV condesa de Ribadeo.