Lisardo del Río Méndez, nado en Baralla cara a 1888, foi un político galego.

Traxectoria Veciño de Costantín. Na República foi elixido concelleiro de Neira de Xusá en xuño de 1931 e nomeado terceiro tenente alcalde na corporación presidida por Manuel Mourín Pérez.BOP Lugo, 15-10-1931, p. 3. Permaneceu no cargo ata que toda a corporación foi suspendida polo gobernador civil o 12 de outubro de 1934.BOP Lugo, 30-4-1935, p. 2. Volveu ser concelleiro de Neira de Xusá en xaneiro de 1936 e ocupou o posto de alcalde accidental a partir de marzo. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 11 de setembro e internado no cárcere de Lugo. Saíu en liberdade o 17 de setembo.

Vida persoal

Casou con Remedios Becerra Fernández. Notas

Véxase tamén Liagazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Alcaldes de Baralla Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Baralla Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en ano descoñecido