A medalla Ashanti é unha condecoración británica de campaña instituída o 1 de xuño de 1874. Esta medalla concedeuse aos integrantes as forzas armadas nativas británicas, ás coloniais e ás aliadas, baixo o mando do xeneral de división Garnet Wolseley, que se despregaron contra o exército do monarca ashanti Kofi Karikari que ameazaba o Protectorado Británico da Costa de Ouro, no transcurso da terceira guerra Anglo-Ashanti, entre xuño de 1873 e febreiro de 1874."Ashantee Medal 1873-74: Medal". Northeastmedals.co.uk
Entre as forzas participantes nesa contenda estaba un continxente da Mariña Real Británica que superaba os 3.500 efectivos e dous batallóns do Rexemento das Indias Occidentais, así como un batallón dos Royal Welch Fusiliers, outro dos Black Watch e a Brigada de Fusileiros.Joslin, L; Joslin, S. (1988).
Caracterización
A condecoración está cuñada na Royal Mint de Londres, nun disco de prata, cun diámetro de 36 milímetros.Mayo, J. H. (1897). Páxina 398. Coñécense tamén exemplares desta medalla en bronce, con idéntica caracterización."Award - Victoria Ashantee Medal; bronze". Numista.com"The Ashantee Medal, granted by the Queen for the Expedition of 1873–74". The Metropolitan Museum of Art (Metmuseum.org).
Anverso: no anverso reprodúcese a cabeza diademada e velada da raíña Vitoria do Reino Unido (1837-1901) ollando cara á esquerda, rodeada pola inscrición VICTORIA REGINA, partida a ambos os lados. O deseño do anverso correspóndelle ao daquela gravador xefe da Royal Mint Leonard Charles Wyon,"Award - Victoria Ashantee Medal". Numista.com cuxa marca de gravador L.C. WYON se aprecia en letras de pequeno tamaño no truncamento do pescozo da raíña."Medal - Ashantee Medal 1873-1874, Great Britain, 1874". Museums Vuctoria (Museumsvictoria.com.au). Reverso: a escena reproducida no reverso consiste nunha loita entre británicos e guerreiros ashanti na densidade da xungla, representativa da campaña conmemorada. O deseño desta face, obra de Edward Poynter,"Ashantee Medal 1873-74: Poynter". Northeastmedals.co.uk utilizouse tamén posteriormente para os reversos da medalla de África Oriental e Occidental, e da medalla de África Central. Canto: no canto de cada exemplar gravouse o nome e a denominación da unidade á que corresponde cada receptor, en letras maiúsculas e con recheo negro, xunto coas datas da campaña 1873-1874. Cinta: a cinta da que pendura a medalla ten unha anchura de 31,7 milímetros; é de cor amarela con bordos negros e dúas estreitas franxas centrais tamén de cor negra, do mesmo xeito que a medalla de África Oriental e Occidental.
Broches En novembro de 1892 estableceuse a concesión da medalla dotada dun broche coa inscrición COOMASSIE,Mayo, J. H. (1897). Páxina 399. destinada aos militares que participaron na batalla de Amoaful e na toma de Coomassie (ou Kumasi), a cidade capital da rexión Ashanti, na actual República de Ghana, así como aos que protexeron as liñas de comunicación ao norte do río Pra.
O 5 de xullo de 1895, Vitoria determinou conceder novamente a medalla Ashanti nos mesmos termos que en 1874 e en 1892, aos membros da Armada participantes nas operacións do río Brass, en febreiro dese ano, e que non a recibiran anteriormente. Nesta ocasión, a medalla debía estar acompañada por un broche coa inscrición BRASS RIVER, ademais da data.Mayo, J. H. (1897). Páxina 401.
Por outra banda, aos receptores da medalla Ashanti que con posteriormente acadaron tamén a medalla da África Oriental e Occidental concedéuselles o seu broche correspondente para poder acomodar nel ambas as medallas.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Joslin, L; Joslin, S. (1988). British Battles and Medals. Spink, Londresn. Páxinas 149-150. Mayo, J. H. (1897). "Ashantee, 1874". En Medals And Decorations Of The British Army And Navy. Vol 2. A. Constable, Westminster. Páxinas 398-402.
Outros artigos
Pobo ashanti
Categoría:Medallas Categoría:Condecoracións militares Categoría:Ordes, condecoracións e medallas do Reino Unido Categoría:Premios do Reino Unido Categoría:Vitoria do Reino Unido Categoría:India británica