miniatura|270x270px|Tapiolan Urheilupuisto O Football Club Honka Espoo, popularmente chamado Honka, é un club de fútbol finlandés, con sede en Tapiola, Espoo.
Orixinalmente fundado en 1953 como Tapion Honka, mudou o seu nome a FC Honka en 1975. Xoga os seus partidos de casa no Tapiolan Urheilupuisto e o seu adestrador actual é Mika Lehkosuo. O FC Honka é coñecido en Finlandia polo seu gran traballo coa canteira, contando con máis de 1000 mozos xogando nas distintas categorías inferiores.
Ata o ano 2005 ao FC Honka considerábaselle como un eterno aspirante, sempre por baixo do seu potencial, na Segunda División Finlandesa (Ykkönen).
No ano 2005 o club foi adquirido por Jouko Pakarinen e Jouko Harjunpää, que dicían ter un plan para converter FC Honka en aspirante á liga de Campións da UEFA. Nese primeiro ano, a súa xestión tivo éxito e tras preparar un equipo competitivo, o FC Honka gañou a Segunda División (Ykkönen); acadando ademais as semifinais da Copa Finlandesa onde caeu 1-0 ante o FC Haka. Nesa tempada ascendeu á primeira división finlandesa (Veikkausliiga) por primeira vez na súa historia.
A comezos do século XXI FC Honka case quebra, pero finalmente salvouse.
Categoría:Deporte en Espoo Categoría:Wikipedia:Artigos con ligazóns externas rotas Categoría:Equipos de fútbol de Finlandia